Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Protección Civil de Tomiño realizou máis de 1.800 horas de servizo no 2023

Levaron a cabo 236 intervencións entre operativos e participación en actividades de apoio, formación, incidencias ou accidentes

Levaron a cabo 236 intervencións entre operativos e participación en actividades de apoio, formación, incidencias ou accidentes

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Enero de 2024

Fuente: Concello de Tomiño

A Agrupación de Protección Civil de Tomiño pecharon o 2023 cunha xestión exitosa e un esforzo continuo por garantir a seguridade e benestar da veciñanza. Os 25 voluntarios e voluntarias que integran a entidade desenvolveron ao longo do ano pasado unha intensa actividade, realizando máis de 1.800 horas de servizo en 236 intervencións e mobilizados ata en 220 ocasións polo 112.

Durante o 2023, ademais de participar en 58 operativos en Tomiño e realizar case unha decena de intervencións fóra do concello, os voluntarios e voluntarias de Protección Civil colaboraron en incidencias na vía, como inundacións, desprendementos de árbores ou terra ou caídas do tendido eléctrico ou de telefonía; en chamadas por animais ou por niños de velutinas; en inundacións en vivendas; en accidentes laborais ou de tráfico, con e sen feridos; ou na procura de persoas, entre outras actuacións.

Ao longo do ano pasado realizaron ademais 164 horas de formación na Academia Galega de Seguridade Pública en cinco curso relativos a diferentes ámbitos, como normativa en materia de espectáculos e actividades recreativas, a prevención e loita contra incendios urbanos e forestais, a colaboración en dispositivos ante grandes concentracións ou o emprego de Google Earth para dispositivos de emerxencias.

Por outra banda, tamén realizaron unha intensa actividade de promoción do voluntariado cunha exposición de medios de Protección Civil na Praza do Seixo ou na Escola Infantil Primeiro Paso, colaborando na Feira Sedexpo en Silleda, con charlas divulgativas de RCP e primeiros auxilios no Centro de Día ou no Campus de Fútbol Concello de Tomiño, achegando o seu gran de area na xornada mediombiental do IES Antón Alonso Ríos ou dando apoio á ANPA Mosteiro do CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán nunhas xornadas de seguridade viaria.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quixo agradecer en nome do Goberno municipal “o gran labor que realiza cada ano a Agrupación de Protección Civil e todos os seus voluntarios e voluntarias xa que o seu traballo é de vital importancia non só en feitos graves ou en catástrofes como as inundacións sufridas o pasado inverno, senón tamén en cada celebración, cada evento deportivo e en cada acción da vida cotiá do noso municipio”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí