Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

QUEREMOS GALEGO CONVOCA A TODO O POBO GALEGO A UNHA MANIFESTACIÓN MULTITUDINARIA PARA DEFENDER A SÚA LINGUA

Como novidade o lema da convocatoria seleccionarase entre as propostas que vaian chegando a Queremos Galego das miles de persoas que apoian a palataforma e das entidades adheridas.

Como novidade o lema da convocatoria seleccionarase entre as propostas que vaian chegando a Queremos Galego das miles de persoas que apoian a palataforma e das entidades adheridas.

Fecha: 02 de Febrero de 2015

Fuente: Queremos Galego

A plataforma cidadá Queremos Galego, formada por máis de 600 colectivos sociais de todo tipo, denunciou este mércores 17 de decembro, en rolda de prensa, que o nivel máis baixo de uso do galego, que indica a enquisa feita pública polo IGE, é a consecuencia lóxica de 33 anos de inacción da administración con respecto ao noso idioma que sobrevive nunha situación de liberdade vixiada e de oficialidade formal mais non real.

Para Queremos Galego, a política da actual Xunta de Galiza con respecto á lingua galega agravou máis esta situación ao incidir nos prexuízos que xa sofría o galego e ao iniciar uns retrocesos sen precedentes na etapa democrática que se concretaron, entre outras disposicións na modificación da Lei de Función Pública para eximir ás e aos opositores da proba en galego, ou no Decretazo contra o galego 2010, que prohibe a impartición en galego de determinadas materias e que provocou as maiores mobilizacións en Europa na defensa dunha lingua propia.

"Tras a política de exclusión, probición e eliminación da xa escasa presenza social do galego, a ninguén pode sorprender estes datos do IGE", sinalou Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego que responsabilizou ao Presidente da Xunta de mentir e pretender humillar e botarlle a culpa ás familias cando sinala que "nunca se ensinou tanto galego" ou que a "responsabilidade é das familias".

Para Queremos Galego o único certo é que Feixó é o "principal responsábel desta situación" e que "nunca houbo tanto desprezo ao idioma de Galiza por parte dun goberno na etapa democrática" e chamou á Xunta a "pór en práctica todos os acordos sobre lingua e deixar de facer publicidade enganosa e manipuladora, comezando por derrogar o Decretazo contra o galego e pór en marcha dunha vez o PXNLG que ven de facer 10 anos". Un decretazo, lembra Queremos Galego, feito sen acordo, imposto, e declarado parcialmente ilegal polo TSXG. O mesmo tribunal declarara plenamente legal o decreto de 2007 que contará co apoio unánime de toda a comunidade educativa e que era resultado da aplicación do PXNLG aprobado por unanimidade parlamentar.

Para Queremos Galego, todos pequenos avances que puido haber con respecto ao idioma foron froito do impulso da sociedade, a quen chamaron a mobilizarse máis unha vez para pór fin á política lingüicida e do presidente da Xunta.

Segundo sinalaron os representantes da plataforma cidadá, "Galiza precisa da súa lingua para existir" e ademais "calquera avance social só é posíbel tendo a lingua como principal sinal de identidade e cohesión social". Para Queremos Galego "a lingua galega une e Feixó rompe co principal elemento de unión cando máis necesario é".

"Este é o momento de asegurarmos o noso futuro colectivo e de mobilizarnos para defender a nosa lingua, a nosa existencia". Neste sentido Queremos Galego chama a participar o próximo 8 de febreiro ao mediodía, nunha manifestación que partirá da Alameda compostelá e que, segundo aseguraron voltará ser contar cunha participación masiva.

A plataforma chama a todo o pobo galego a participar, independentemente da súa opción política, e dar a máis ampla mostra de unidade en torno á lingua, mais cun chamado especial ás nais e pais que sen falar galego queren que as súas fillas e fillos o coñezan e teñan competencias nel para poder utilizala, as nais e pais que lle transmiten a lingua as fillas e fillos mais observan con impotencia como a escola é un elemento de desgaleguización, aos máis de 4500 profesoras e profesores que manifestaron o seu compromiso de manter a lingua galega nas aulas malia os riscos da prohibición que impón o decretazo e mesmo a aquelas e aqueles que sen seren insubmisos queren que se derrogue o decretazo para que o galego volte a todas as aulas de Galiza.

A mobilización do día 8, contará cunha forte campaña previa por parte das máis de 600 entidades adheridas a Queremos Galego, que organizarán actos en todas as comarcas galegas. Ademais disponibilizarase un servizo de transporte para encher as rúas da capital de Galiza. A información ao respecto poderase seguir até o día 8 de febreiro no web www.queremosgalego.org .

Como novidade o lema da convocatoria seleccionarase entre as propostas que vaian chegando a Queremos Galego das miles de persoas que apoian a palataforma e das entidades adheridas.

8 de febreiro: Queremos Galego convoca  unha manifestación multitudinaria para defender a nosa lingua

A plataforma cidadá Queremos Galego, formada por máis de 600 colectivos sociais de todo tipo, denuncia que  cada vez hai menos xente que fala galego. A realidade é que a Xunta de Galiza demostra un total desleixo e desprezo pola lingua, é a propia Xunta   quen ataca a oficialidade formal que acadou e que sobrevive nunha situación de liberdade vixiada.

O galego continúa perseguido e proscrito de diferentes ámbitos e usos. Hai que lles dar ferramentas ás xeracións novas.Necesitamos promover a nosa lingua pois ela situanos no mundo e fainos donos e donas do nosos provir, está en nós, nas nosas fillas e fillos.

Por iso o domingo 8 de febreiro Queremos Galego convoca a todo o Pobo Galego a unha manifestación multitudinaria para defender a nosa lingua comezando ao mediodía dende a alameda compostelá.

Na comarca do Baixo Miño sairán autobuses dende A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, por  3€/persoa agás desempregados/as (gratis). É preciso  inscribirse  antes do 4 de febreiro no :

616090632/queremosgalego.baixominho@gmail.com.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones