Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Queremos Galego prevé unha manifestación masiva o 17 de maio

A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda.

A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda.

Fecha: 17 de Mayo de 2018

Fuente: Queremos Galego

A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, presentou hoxe o acto final da manifestación para o 17 de maio baixo o lema "En galego día a día". A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda.

O voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, acompañado de Nieves Rodríguez e membros da xestora da plataforma cidadá, informou dos diversos actos nas comarcas galegas para informaren da manifestación. Na web www.queremosgalego.gal aparece recollida toda a información dos buses a disposición de todas as persoas que desexaren acudir a Compostela a impulsar a plena normalización da lingua galega desde máis de 20 localidades, desde Ribadeo á Guarda.


En galego día a día
Este día a día é o que consegue manter viva unha lingua que non só non conta con amparo institucional senón que recibe desamparo e agresividade sistemática tal como mostran decisións como a desaparición do Diario Cultural.


Co lema "En galego día a día" a plataforma cidadá pretende reivindicar o apoio social crecente á lingua galega que contrasta coa actitude da Xunta de Galiza que mantén un 155 lingüístico de facto. Segundo indicou o voceiro da Plataforma, Marcos Maceira, "en Galiza é o propio goberno galego, co presidente Feixó á cabeza, quen actúa como un vulgar delegado do goberno español, renegando das funcións que lle dá o estatuto de autonomía e da alta representación de Galiza que debería exercer". Como consecuencia, sinalou, "o galego é o único idioma oficial do Estado que diminúe en falantes e carece de apoio do seu propio goberno".


Queremos Galego reclamará este 17 de maio o día a día das persoas que fan que a lingua viva mais ás que se lles exixe un esforzo que non terían que facer se quixeren utilizar unha lingua plenamente normal.


Para Nieves Rodríguez, presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galiza, é necesario reivindicar a lingua porque as linguas non supoñen ningunha barreira e menos o galego en Galiza, porque como traballoras do audiovisual facemos contidos para galegas e galegos. "Como comunicadora que son non podo máis que defender a miña lingua", concluiu.


Acto festivo e reivindicativo
O 17 de maio a manifestación de Queremos Galego será un acto festivo e reivindicativo a favor da lingua galega. Participarán centos de colectivos e entidades de ámbitos moi diversos que teñen en común a defensa da nosa lingua porque o galego é o elemento que nos une. Marcos Maceira indicou tamén que "son miles as persoas que demandan mudanzas que garantan a presenza da lingua propia de Galiza en todo e para todo".

A manifestación rematará na praza da Quintana onde a comunicadora e actriz, Nieves Rodríguez, presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galiza e galardoada co premio á mellor comunicadora nos premios Mestre Mateo deste ano polo seu traballo no programa Vaia Troula!, conducirá o acto final.

Haberá a lectura do manifesto En galego día a día por persoas destacadas de diferentes ámbitos como a xustiza ou a administración onde existen moitas trabas á hora de usar o galego. Actuarán para as miles de persoas Franki e os labregos da linguaxe co rap "Rapea, que a lingua non para" que é o manifesto gañador do Correlingua 2018. Estes rapaces e rapazas estudan no IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela e son un exemplo de que o galego ten futuro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí