Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Quince persoas desempregadas realizan un curso de instalación e mantemento de xardíns en Tomiño

Ademais das materias específicas de cada curso, impártense módulos tranversais sobre inserción laboral, igualdade de xénero e creación de empresas

Ademais das materias específicas de cada curso, impártense módulos tranversais sobre inserción laboral, igualdade de xénero e creación de empresas

Fecha: 14 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Quince persoas desempregadas de Tomiño e arredores, asisten dende hai varios meses a un curso AFD (Accións Formativas para Desempregados/as) de "Instalacións de mantemento de xardíns e zonas verdes", subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Con 508 horas de duración total, a actividade, que rematará no mes de novembro, permite aos asistentes obter o certificado de profesionalidade nivel 2, equivalente a un ciclo de grado medio, así coma á obtención do carné de aplicador de produtos fitosanitarios, tamén nivel 2. Con estes dous importantes instrumentos, preténdese facilitar o acceso ou a reincorporación do alumnado ao mercado laboral.

O curso, a cargo da monitora Amparo Grandío, enxeñeira técnico agrícola, impártese na antiga Escola Obradoiro, aínda que as prácticas se levan a cabo en diferentes puntos verdes da vila. O programa inclúe un período de prácticas nunha empresa do sector, que comeza o vindeiro día 6 de outubro.
Entre o alumnado hai xente de 20 a 55 anos con distintos estudos e experiencia laboral.

Ademais das materias específicas, impártense módulos tranversais sobre inserción laboral, igualdade de xénero e creación de empresas, co obxectivo de fomentar a inserción laboral. O día 6 de outubro comezaron as prácticas en diferentes empresas do sector (80 horas).

O concelleiro de Promoción Económica e Réxime Interior, Antonio Tartaglione, visitou días pasados ao alumnado, co fin de coñecer as súas aspiracións e expectativas en relación a esta nova acción formativa.

Nas horas do curso programadas para mantemento de xardíns, o grupo adicouse á mellora de varias zonas verdes do municipio, coma a Alameda de Goián, rotonda Ponte Internacional, e varias nas parroquias (Forcadela, Tomiño, O Cotro, Carregal, etc.).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones