Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Radio Mocidade, en obras para renovarse por fóra e por dentro

O concello de Tomiño trasladou as instalacións de San Benito ao IES Antón Alonso Ríos, onde tamén será empregada como ferramenta educativa

O concello de Tomiño trasladou as instalacións de San Benito ao IES Antón Alonso Ríos, onde tamén será empregada como ferramenta educativa

Fecha: 02 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Está a piques de cumprir sete anos de vida e era o momento de renovarse. Momento que o concello de Tomiño quere aproveitar para darlle un novo pulo a Radio Mocidade, unha emisora propia de radio do municipio a través de Internet que nacía en abril de 2011 co obxectivo de ser unha ferramenta de formación e divulgación aberta na que puidera participar toda a cidadanía.

O concello xa iniciou estes días o traslado das instalacións da radio a dependencias do IES Antón Alonso Ríos. Ata o de agora o estudio estaba nunha nave municipal en San Benito, pero "o sitio era reducido e necesitabamos facer unha remodelación e darlle unha nova identidade para relanzar ou impulsar de novo o servizo", explica Fátima Rodríguez, concelleira de Turismo, Patrimonio e Mocidade.

Achegar a radio á mocidade
O concello escolleu as instalacións do instituto tomiñés para trasladar a radio buscando "achegar este servizo o máximo posible á mocidade" e que non tivera que ser ela a que se traslada a outra sede. Ademais, por parte do profesorado había moito interese en dispoñer do estudio no propio IES para poder empregalo tamén como ferramenta escolar activa.
Nestes intres o concello está construíndo o novo estudio de radio na antiga cafetería do instituto, ata agora empregada polo alumnado e profesorado como zona de descanso. Unha parte destas dependencias estarán destinadas á emisora, que contará cunha sala insonorizada e outra na que se instalará a parte técnica, ambas as dúas partes totalmente adaptadas para todos os públicos. Cun orzamento de algo máis de 15.000 euros, a emisora estará totalmente operativa e funcionando a mediados de febreiro.

"A idea é facer unha emisora de radio municipal online máis accesible e máis visible", asegura a concelleira, por iso busca abrirse a asociacións, comunidades de montes, entidades... "que queiran levar adiante un programa, facer unha cuña de radio, anunciar a súa programación... sempre de xeito coordinado e coherente".

Todas e todos os interesados en participar poden pedir máis información na OMIX de Tomiño, xa que o concello encárgase de coordinar o servizo de forma conxunta co IES Antón Alonso Ríos. Búscanse novos colaboradores con novos programas e todas as ideas son benvidas por parte da organización para seguir creando unha programación máis ampla, variada e para todos os gustos.

Dentro dese traballo de renovación da emisora, o concello tamén remodelará a páxina web de Radio Mocidade e daralle un novo pulo ás redes sociais para dar a coñecer o servizo ao maior número posible de persoas, sen límite de idade.

Primeira actividade
A primeira actividade que acollerá as novas instalacións de radio será un obradoiro de formación radiofónica da OMIX destinados á poboación en xeral e na que o alumnado do centro educativo non terá que pagar o prezo da inscrición, senón que poderá participar de balde. Este taller, de 22 horas de duración, comezará o 15 de febreiro e rematará o 12 de abril. O curso dividirase en dous grupos, un que se desenvolverá os xoves de 16.30 a 18.00 horas e outro o mesmo día de 18.30 a 22.00 horas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones