Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Rapaces e rapazas do concello de Tomiño participaron no terceiro -roteiro Tonucci- en Pontevedra

Os escolares de Tomiño pediron á súa alcaldesa máis zonas para xogar, carrís bici e un acuario

Os escolares de Tomiño pediron á súa alcaldesa máis zonas para xogar, carrís bici e un acuario

Fecha: 03 de Junio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

Os escolares de Tomiño pediron á súa alcaldesa máis zonas para xogar, carrís bici e un acuario, e os de O Porriño que se limpe o río Louro, un cine e un parque acuático "porque non chega coa piscina"

A exposición ‘Imaxinar a Educación.50 anos con Frato' encara a súa última semana no Pazo da Cultura cunha grande acollida de público


Rapaces e rapazas dos concellos de Tomiño e Porriño participaron hoxe no terceiro ‘roteiro Tonucci' organizado pola Deputación de Pontevedra no marco das actividades programadas para dar a coñecer o proxecto ‘Cidades d@s nen@s' do pedagogo italiano. Nesta xornada máis de 80 escolares do CEIP Tebra e o CEIP Atios percorreron as rúas e prazas da cidade de Pontevedra aproveitando os espazos públicos gañados ao coche cunha gran xincana de xogos que comezou diante do pazo provincial da Deputación e rematou na praza da Pedreira.

Con carteis defendendo o seu dereito ao xogo (un deles co lema de Tonucci ‘Perdoen as molestias, estamos a xogar para vostedes') a xornada comezou no Pazo provincial, onde se fixeron as presentacións e se iniciaron as primeiras actividades. A primeira parada foi na Praza de España, diante do antigo edificio do Concello. Alí, os monitores lembraron que antes pasaban pola praza miles de coches e a proba que lles puxeron aos rapaces consistiu en bailar e xogar como se estivesen nas festas de A Peregrina.

Despois tocou celebrar un ‘consello dos nenos e nenas' como o que propón Francesco Tonucci para que pequenos e pequenas aporten a súa visión da cidade e colaboren con alcaldesas e alcaldes. Nesta ocasión as peticións para a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, coincidiron en parte cos outros grupos participantes na actividade (máis sitios para xogar), pero tamén engadiron novidades que traían pensadas dos colexios: máis carrís bici na vila e tamén un acuario a carón do río. Pola súa banda, os rapaces e rapazas de O Porriño pediron a Eva García de la Torre tamén máis sitios para xogar, así como a recuperación e limpeza do río Louro, un cine para a vila e un parque acuático "porque non chega coa piscina".

A seguinte praza na que pararon nenos e nenas foi Santa María. Alí xogaron a pillar, á roda do lobo e volveron bailar e cantar... Finalmente, percorreron varias rúas do casco vello da cidade de Pontevedra e chegaron á Praza da Pedreira onde os agardaban diferentes xogos tradicionais: peletre, birlos, chave, corda, caixas, barquiños de papel... Xa pola tarde, o grupo de 82 escolares visitou a exposición ‘Imaxinar a educación. 50 anos con Frato' que está no Pazo da Cultura. Alí coñeceron as viñetas máis significativas de Francesco Tonucci e participaron en obradoiros de bicicleta, construcións, xogos e natureza realizando moitos experimentos e actividades.
A mostra ‘Imaxinar a educación. 50 anos con Frato', que está a ter unha grande acollida de público, está aberta no Pazo da Cultura á cidadanía xeral, DE BALDE, durante todos os días ata o vindeiro 11 de xuño nos seguintes horarios:
Luns: de 10 a 14 horas.
Martes a Venres: de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
Sábados: de 11 a 13.30 horas e de 17 a 20 horas.
Domingos: de 11 a 14 horas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones