Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Recala no Rosal a campaña de información e sensibilización Agresión Off

Un stand da campaña estará este martes 15 de decembro de 16 a 20 h na Praza do Calvario con talleres e actividades lúdicas para todas as idades

Un stand da campaña estará este martes 15 de decembro de 16 a 20 h na Praza do Calvario con talleres e actividades lúdicas para todas as idades

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Diciembre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal acolle o vindeiro martes 15 de decembro ‘Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual’, unha campaña posta en marcha pola Consellería de Emprego e Igualdade coa que derrubar estereotipos de xénero e comportamentos que poidan conducir á violencia a través de talleres e actividades lúdicas para todas as idades. O stand da campaña estará situado na Praza do Calvario de 16.00 a 20.00 horas e todas as actividades contarán coas medidas necesarias de prevención contra a COVID-19.

A través de obradoiros divididos en áreas de traballo con contidos concretos para sensibilizar contra a violencia sexual, as persoas participantes abordarán diferentes temáticas como o desmantelamento de estereotipos de xénero para combater o sexismo dende a infancia, os mitos sobre o amor, as alertas de micromachismos, a parella e a igualdade, a autoestima e valoración persoal, a violencia e as novas tecnoloxías, a educación en igualdade ou a importancia de estar informados.

Deste xeito en ‘Canto de estereotipada está a túa mente?’ reflexionarase sobre mensaxes que poden inducir moitas veces de xeito inconsciente a pensamentos esterotipados; co xogo interactivo ‘A ruleta do amor romántico’ falarase de mitos; visualizando fragmentos de contos, fábulas, refráns e ditos populares en ‘Non me contes contos’ reflexionarase sobre a información que se recibe e se transmite e co termómetro de ‘Onde está o límite?’ exporanse actitudes e comportamentos dentro da parella para debater sobre a delgada liña que separa unha relación aparentemente sa dunha relación tóxica.

Xogando cos espellos chega ‘Eu non necesito #filtros’ para reflexionar sobre a imaxe que queremos transmitir nas redes sociais; en ‘Estas segur@ de premer o botón de enviar?’ os e as participantes coñecendo os riscos e consecuencias do sexting deberán decidir se enviar contido relacionado con esta práctica; co móbil xogarase a ‘Kahood da Igualdade’, un xogo no que responder diferentes preguntas sobre violencia de xénero; e con códigos QR poderase acceder a información relacionada co programa.

Ademais destas actividades para persoas adultas tamén haberá obradoiros para os máis cativos: ‘O tótem do sexismo’ e ‘Verdade ou mito’. Todas as accións completaranse con dúas actividades para todos os públicos, unha coa que animar a todas as persoas participantes a sumar ideas ao decálogo contra a violencia sexual e outra coa que xogar a adiviñar quen está detrás de cada frase, se un home ou unha muller razoando o porqué.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí