Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Reunión das asociacións e grupos en defensa dos animais en Galicia

Manteñen a súa postura contraria á recentemente aprobada Lei de Benestar Animal de Galicia

Manteñen a súa postura contraria á recentemente aprobada Lei de Benestar Animal de Galicia

Fecha: 16 de Enero de 2018

Fuente: Comunicado público

CRÓNICA SOBRE A I XUNTANZA GALEGA DE ASOCIACIÓNS E GRUPOS DE
DEFENSA ANIMAL

O pasado sábado 13 de xaneiro, unha vintena de colectivos de defensa animal de toda Galicia sumamos forzas na I xuntanza Galega de asociacións e grupos de defensa animal que se celebrou na cidade xacobea.


É a primeira vez que unha gran parte das organizacións da nosa terra encontrámonos para debater sobre a necesidade de constituírnos nunha fronte común e plantarlle cara, entre outras cousas, á entrada en vigor da nova Lei de Protección e Benestar de Animais de Compañía de Galicia, xa anteriormente rexeitada por moitas de nós no seu trámite parlamentario.


Durante a asemblea, de presenza abafadora feminina, saíron á palestra a gran cantidade de dúbidas que suscitan moitos dos artigos da citada lei, que desprotexe aos animais e deixa na estacada aos grupos e asociacións protectoras que, ante a desidia das administracións, levamos décadas asumindo de forma altruísta o peso da protección animal.


O momento máis importante chegou coa unanimidade dos grupos para darlle luz verde á creación dunha figura que formalice esa unión, auto-convocándonos para unha vindeira xuntanza o día 3 de febreiro onde decidiremos a forma xurídica definitiva a adoptar, os principios e fins que nos unirán e os obxectivos concretos polos que comezar a traballar.


Son moitas as loitas que nos unen e obrigan a organizarnos, e que iremos definindo conforme se vaia construíndo este espazo común. Mais o fundamental e que todas compartimos, é a necesidade de ACABAR co sufrimento de todos os animais, algo que non nos deixa apenas descansar. Non queremos máis cárceres para os animais!


Por último, dar as grazas a todas as persoas e colectivos que estiveron presentes nesta primeira xuntanza galega, a aquelas que non puideron asistir por estar recollendo animais neses precisos instantes, e informar ás que non se decataron de que aínda se poden sumar.


? APIS
? COLONIAS CANGUESAS
? MICOS DE BARRIO
? ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS DO MORRAZO
? ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS ALOIA
? LENA
? AMIGOS DE LOS ANIMALES
? ASUNTOS SOCIAIS E RENDA BÁSICA
? ANAJATA
? LA PRADERA BEAHEYDER
? BIGOTES COLONIAS DE GATOS -LALÍN
? ARCA DE NOIA
? SOS ANIMALIA
? ARGO
? APACA
? PPP EN ADOPCIÓN. 3PA
? TERRACAN
? SOS PELINES PROTECTORA
? CALLEJERITOS COLONIAS SIN HOGAR

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones