Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ROMÁN RODRÍGUEZ APOSTA POR CONSOLIDAR E MELLORAR AS ACCIÓNS SOBRE EDUCACIÓN VIARIA NOS CENTROS EDUCATIVOS COMO FERRAMENTA DE PREVENCIÓN DE ACCIDENTES

O conselleiro participou, xunto co director xeral de Emerxencias, no acto de apertura das undécimas Xornadas Estatais de Educación Viaria na AGASP

O conselleiro participou, xunto co director xeral de Emerxencias, no acto de apertura das undécimas Xornadas Estatais de Educación Viaria na AGASP

Fecha: 19 de Mayo de 2016

Fuente: Gab. Com. da Consellería de Cu

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, avogou hoxe por "consolidar e mellorar as accións destinadas ao desenvolvemento da educación viaria no ámbito educativo" para que sirvan de ferramenta á hora de previr ou minorar a incidencia dos accidentes de tráfico. Así o trasladou con motivo do acto de apertura das undécimas Xornadas Estatais de Educación Viaria, que desenvolve a Vicepresidencia da Xunta na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, que estivo acompañado polo director xeral de Emerxencias, Luis Menor, explicou a necesidade de educar desde a escola sobre a importancia da seguridade viaria. De feito, na LOMCE, a educación viaria é un ámbito diferenciado dentro da educación en valores.

Pola súa banda, Luis Menor destacou o inequívoco e absoluto compromiso permanente da Academia Galega de Seguridade Pública coa Educación e a seguridade viaria, e ao efecto destacou a colaboración coa consellería de Cultura e Educación en accións formativas, así como a organización de 10 cursos de formación continua na materia, dirixido a profesionais da policía local e garda civil, nos que participaron mas de 200 profesionais.

Neste sentido, Román Rodríguez lembrou algunhas das accións que o seu departamento está levando a cabo para formar a alumnado e profesorado no ámbito da educación viaria. Sen ir máis lonxe, este mesmo curso botou a andar, enmarcado no Plan Proxecta, un novo programa realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, denominado "Mobilidade sostible e segura", no que participan 28 centros de toda Galicia.

Unidades didácticas e portal específico
Ademais doutros convenios de colaboración coa Fundación Mapfre ou a Fundación RACC, a Consellería de Educación tamén ten a disposición da comunidade educativa diversos materiais didácticos para impulsar as boas prácticas viarias, entre os que destaca a unidade ‘O corazón está do teu lado', en colaboración coa Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Así mesmo, tamén está a disposición da comunidade escolar un portal educativo específico sobre educación viaria con ferramentas útiles e innovadoras para o profesorado, así como diversos cursos de formación orientados aos docentes co fin de seguir afondando nesta materia e poder transmitir despois os coñecementos ao alumando.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones