Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ROSA QUINTANA INSISTE EN QUE O PLAN DE XESTIÓN DA SARDIÑA É UNHA MEDIDA DE URXENCIA QUE EVITA QUE A UNIÓN EUROPEA ASIGNE UN TAC Á ESPECIE

A frota do xeito -a quen afecta de forma importante a pesquería da sardiña- pode pescar esta especie cunha cota propia de arredor de 200 toneladas, cifra que supera á media anual de capturas do xeito nos últimos dez anos

A frota do xeito -a quen afecta de forma importante a pesquería da sardiña- pode pescar esta especie cunha cota propia de arredor de 200 toneladas, cifra que supera á media anual de capturas do xeito nos últimos dez anos

Fecha: 12 de Febrero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, incidiu este mediodía no Parlamento en que o plan de xestión da sardiña é unha medida de urxencia que evita que a unión europea asigne un TAC (Total Admisible de Capturas) á especie. Esta medida freou ademais a iniciativa de Portugal de autoasignarse o 70% da cota ou das posibilidades de pesca,un feito que “podería deixar á nosa frota nunha posición de franca desvantaxe”, engadiu a conselleira.

Rosa Quintana explicou que estes son os aspectos positivos do plan, pero apelou a seguir traballando, xa que “valorar positivamente esa medida en referencia a eses matices non quere dicir que esteamos a renunciar á negociación do plan de xestión elaborado polo Consello Galego de Pesca”. Neste sentido, indicou que o plan non recolle boa parte das propostas que o Consello Galego de Pesca e a Xunta defenden, debido “á premura e á escasa marxe de manobra que a acción portuguesa nos deixaba”.

O traballo da Xunta
Durante a súa intervención a conselleira subliñou que a Xunta segue traballando e continúa tendo como documento de referencia a proposta de plan de xestión plurianual da sardiña elaborada e aprobada polo Consello Galego de Pesca para defendelo diante das comunidades autónomas e do Goberno central e no marco do proceso de negociación con Portugal e coa Comisión.

Nesta liña, informou Rosa Quintana, “seguimos traballando en colaboración e contacto co Ministerio e coas Comunidades Autónomas de Andalucía, Asturias, Cantabria e País Vasco, así como cos sectores afectados e co Instituto Español de Oceanografía”. Un dos avances reflíctese na orde que cambia aspectos como o límite de capturas, datas de peche ou topes de descarga.


Cota para o xeito
A través desta orde, explicou a titular de Medio Rural e Mar, a frota do xeito -a quen afecta de forma importante a pesquería da sardiña- pode pescar esta especie cunha cota propia de arredor de 200 toneladas. Esta cifra é superior á media anual de capturas do xeito nos últimos dez anos, que é de 179 toneladas. Esta asignación realízase nun contexto no que a situación da especie da sardiña é límite e é posible debido ao esforzo dos gobernos central e autonómico que, a pesar desa situación, conseguiron que ningún sector quedara sen posibilidades de pesca da sardiña.

A isto hai que engadir, indicou a conselleira, os criterios de flexibilidade que permite a UE, tendo en conta que a modificación da orde permite acumular cara ao período seguinte a cota que non se pescase, permitindo así compensar uns anos de máis captura con outros de menos.

Incremento nas cotas
Estas medidas, subliñou Rosa Quintana, están dirixidas a manter a viabilidade da frota de cerco e doutras artes, pois regular e ordenar as pesquerías é a mellor fórmula para conseguir o máximo rendemento económico e social sen alterar a sustentabilidade ambiental, argumentou a conselleira. Con elas, destacou, “imos no bo camiño”, tendo en conta e, exceptuando o caso especial da sardiña, o aumento da contía global das cotas das especies principais do cerco (xurelo, xarda e anchoa).

Neste caso, as globais das que España dispón destas especies nas zonas VIIIc (norte e noroccidental de España) e Ixa (Costa de Portugal) aumentaron nun 52%, pasando de case 65.000 toneladas no 2009 a case 99.000 toneladas para 2015. “Se naquel entón algúns non vían problema e o gasoil estaba a prezos que dobraban o custe actual, creo que neste momento incluso o deben ver máis viable”, sentenciou a titular de Medio Rural e Mar. Ademais engadiu que as medidas probadas polo Goberno anterior “só traen menos valor e sancións” para a xarda, como as dos anos 2009 e 2010, que sobrepasan a cota anual que España ten para este ano no xurelo, a xarda e a anchoa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones