Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

RUEDA: -É O MOMENTO DE CONSENSUAR COA MILITANCIA UN PLAN PARA O PP DE PONTEVEDRA-

O candidato provincial apunta que pedirán, con toda a humildade, que os axuden a reconfigurar e actualizar o partido

Anuncia que percorrerá toda a provincia para falar cos militantes pero sobre todo para escoitarlles e coñecer a súa forma de pensar

Fecha: 12 de Febrero de 2016

Fuente: PP Pontevedra

O candidato á presidencia do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que durante as próximas semanas organizará encontros comarcais coa militancia nos que consensuar un plan para o PP nesta provincia, pois considera que os militantes son os protagonistas do proceso de renovación no que está inmerso o partido. Eses encontros, con datas e lugares por confirmar, empezarán esta fin de semana.

Así se expresaba Rueda, que formalizou a súa candidatura presentando ante o Comité Organizador do Congreso provincial as firmas requiridas para participar no Congreso que terá lugar o vindeiro 13 de marzo. Entre elas, as dos seis membros do PP de Pontevedra nas Cortes Xerais, a dos conselleiros da Xunta, e a inmensa maioría dos alcaldes ou voceiros municipais nos concellos da provincia, así como os dos deputados no Parlamento galego.

Deste xeito avanzou que o obxectivo deses encontros anunciados será escoitar opinións, suxestións e mesmo críticas; incidindo ao mesmo tempo en que non só está encantado de percorrer toda a provincia e falar coa militancia senón tamén de poder facelo para escoitar e coñecer a forma de pensar dos afiliados.

Segundo dixo, pedirán aos militantes, con toda a humildade, que os axuden a reconfigurar o partido e a actualizalo, aspirando así a que o seu programa cara a estes anos sexa o resumo das aportacións que estes lle queiran achegar.

"Tentarei falar coa maioría dos 35.000 afiliados do partido na provincia e explicarlles como gustaríame configurar o PP de Pontevedra como partido maioritario e recoñecible", dixo.

Alfonso Rueda dixo presentarse convencido e con moitas gañas, e que dará entrada a xente nova no Partido Popular, incluíndo a xente que nunca estivo traballando en política.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí