Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Salceda e Tomiño reciben 20.000 ? da Deputación de Pontevedra a través das axudas básicas de emerxencia

52 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes se benefician destas axudas ás que a institución provincial destina 465.000 ?

52 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes se benefician destas axudas ás que a institución provincial destina 465.000 ?

Fecha: 25 de Septiembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación dun segundo grupo de axudas básicas de emerxencia para os concellos de Tomiño e Salceda de Caselas, cun orzamento total de 19.700€, dos que 15.500€ estarán destinados a gasto corrente e 4.200 € a investimentos. Estas achegas están dirixidas aos servizos sociais comunitarios municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes para atender as demandas urxentes e necesidades puntuais da cidadanía que se atopa en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a aquelas persoas con menores ao seu cargo. Así mesmo, entre as necesidades, este ano inclúense como novidade o pagamento de gastos derivados de tratamentos de odontoloxía e o pagamento de produtos de apoio para persoas con diversidade funcional ou dependencia.

En concreto, o concello de Tomiño recibirá 10.200 €, dos cales 8.000 € se destinarán a gasto corrente e outros 2.200 € a investimentos. Pola súa banda, Salceda de Caselas terá unha achega de 9.500 €, dos que 7.500 € serán para gasto corrente e outros 2.000 € para investimentos.

As persoas beneficiarias destas axudas poderán empregalas para alimentación, uso de vivenda (pagamento de alugueiro ou hipoteca, axudas para acondicionar a habitabilidade da vivenda), pagamento de recibos (luz, auga, gas ou gasóleo), pagamento de produtos de hixiene e limpeza (lixivia, deterxente, xabón, desodorizante, hixiene feminina), pagamento de produtos farmacéuticos (prescritos por persoal facultativo), adquisición de electrodomésticos básicos (lavadora, quentador, cociña, frigorífico, deshumidificador...), pagamento de desprazamentos para recibir tratamentos, facer xestións ou participar en actividades, pagamento de lentes e audífonos e axudas de apoio á infancia.

A principios do mes de setembro xa se adxudicaron as axudas básicas de emerxencia para outros 48 concellos da provincia (Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, O Grove, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Oia, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga, Vila de Cruces e Vilaboa), e con esta última achega, só quedan pendentes de aprobación as axudas relativas aos concellos de Vilanova de Arousa e Dozón, que se aprobarán nas próximas semanas. En total, a Deputación de Pontevedra destina a esta liña ten un investimento total de 465.000 €.

O pasado ano 2016 as axudas básicas de emerxencia deron cobertura ás necesidades de 2.000 familias da provincia, das que máis de 1.450 tiñan menores ao seu cargo, preto de 1.200 tiñan a ambos proxenitores en situación de desemprego e 350 eran familias monoparentais

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones