Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

San Miguel de Tabagón e Valdemiñotos quedarán unidos cunha nova senda

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez confirmou á alcaldesa a viabilidade do proxecto, cun investimento que rolda os 400.000 euros

O nacionalista solicitará unha reunión coa Xunta para aclarar problemas de titularidade e solicitar colaboración

Fecha: 16 de Junio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Mobilidade, vai construír unha nova senda para mellorar a seguranza viaria e a mobilidade peonil na estrada provincial EP-3302 entre os lugares de San Miguel de Tabagón e Valdemiñotos, no concello de O Rosal. O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, así llo confirmou esta semana á alcaldesa María del Carmen Alonso nun encontro no que se perfilaron cuestións do proxecto co persoal técnico provincial.

Segundo indicou Benítez, a nova senda ten como obxectivo crear un itinerario peonil seguro segregado do tráfico rodado, aportando alternativas de mobilidade máis seguras para a veciñanza da zona. "Estamos concienciados da necesidade de aumentar a seguranza viaria e de promover actuacións orientadas á mobilidade sostible. Hai que dar maior prioridade aos peóns, e a veciñanza do Rosal quedou sen alternativas para ir a pé entre os núcleos de Valdemiñotos e San Miguel de Tabagón, principalmente pola construción do corredor CG-4.2 Tui-A Guarda, que fai que o único medio de transporte posible na actualidade sexa o vehículo privado", explicou o deputado.

Por este motivo, o persoal técnico da Deputación xa redactou un proxecto centrado en mellorar a contorna e executar unha senda de formigón coloreado cun trazado paralelo á EP-3302 pola súa marxe esquerda. Comezaría no núcleo de Valdemiñotos en dirección sureste (PQ 1+940 ata o vial municipal) ata o núcleo de Tabagón, cruzando superiormente o corredor. Proponse ademais unha mellora da drenaxe lonxitudinal da vía e drenaxes transversais, aumentar a superficie asfaltada actual, e crear un espazo para integrar o actual parque e unha futura marquesiña de autobuses no lugar de Tabagón. Prevese que o orzamento das obras sexa de 396.061,96 euros e, unha vez adxudicadas, estarían realizadas nun prazo de cinco meses.

Segundo explicou Benítez, o próximo paso para levar a actuación adiante é solicitar unha reunión coa Xunta de Galicia para resolver os problemas de titularidade dos treitos das estradas construídos polo goberno autonómico que funcionan como variante á vía provincial e enlazan co corredor. A intención é que estes treitos pasen a ser propiedade da Deputación e do Concello. Así mesmo, o obxectivo do encontro tamén será que o goberno galego participe no financiamento da senda coa sinatura dun convenio a tres bandas entre Deputación, Concello e Xunta.
Na reunión entre o deputado e a acaldesa do Rosal, esta manifestou a súa satisfacción polo proxecto da senda e destacou que o Concello xa ten todas as cesións de terreos necesarias para levar adiante as obras.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones