Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

San Xerome presenta o proxecto -un Baixo Miño para tod@s- ante os concellos de Oia, Tui, Tomiño, A Guarda e O Rosal

Os resultados obtidos até o momento son moi positivos, destacando o seu baixo custe e o gran número de beneficiarios

Os resultados obtidos até o momento son moi positivos, destacando o seu baixo custe e o gran número de beneficiarios

Fecha: 28 de Julio de 2016

Fuente: San Xerome

Ó longo deste mes de Xullo, a Asociación San Xerome Emiliani, en colaboración co Centro Juan María de Nigrán e Jacinto Lareo (como asesor especilista en materia de accesibilidade), estableceu as primeiras liñas de acción cos diferentes concellos do Baixo Miño para promover de maneira conxunta un novo proxecto de accesibilidade cognitiva "Un Baixo Miño para tod@s". Esta iniciativa xa está en funcionamento en Nigrán, e ten previsto comezar a implementarse nos concellos limítrofes da comarca do Val Miñor, sendo o Centro Juan María a entidade promotora.

Os resultados obtidos até o momento son moi positivos, destacando o seu baixo custe e o gran número de beneficiarios (persoas que non teñen lecto- escritura, estranxeiros, persoas con diversidade funcional, etc.). Isto serve de referente para iniciar tamén este camiño en Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia.

As barreiras arquitectónicas non son o único obstáculo a derrubar en materia de accesibilidade, e a nosa labor como entidade da comarca é promover un replantexamento deste concepto, xerando unha resposta máis global e axustada á "Accesibilidade Universal".

A accesibilidade cognitiva, a habitualmente esquecida, é unha ferramenta que facilita ás persoas da comunidade a comprensión da contorna e os seus elementos, así como sistemas de apoio para ó acceso a información. Pretendemos ser un medio facilitador, que a través de accións de asesoramento, informativas, formativas, divulgativas e de concienciación dirixidas ós concellos e a cidadanía en xeral, promova unha resposta razoable ás necesidades dunha comunidade heteroxénea.

Trala gran acollida por parte dos concellos da comarca, o proxecto comezará a implementarse no mes de setembro. Para isto, contaremos con diferentes equipos de traballo conformados por usuarios da Asociación, voluntarios, profesionais e outros colaboradores, así como mesas de traballo mensuais cós concellos para a presentación das propostas avaliadas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones