Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Sandra González chama a votar polo -Tomiño da xestión e do cambio- nas próximas municipais do 26 de maio

A candidata do BNG á Alcaldía de Tomiño estivo acompañada no mitin central da campaña pola eurodeputada Ana Miranda, a portavoz nacional do BNG Ana Pontón e o número 2 da candidatura Uxío Benítez

Presentou ante un ateigado Auditorio de Goián un programa de 15 puntos para -un proxecto de futuro-

Fecha: 20 de Mayo de 2019

Fuente: BNG Tomiño

Un exemplo de que o cambio é posible. Iso é Tomiño, unha vila que espertou da "longa noite de pedra" que estaba a vivir para "vivir unha primavera marabillosa" dende que o Bloque Nacionalista Galego, con Sandra González á cabeza, chegou a Alcaldía hai 12 anos. "Soñamos xuntos e convertemos ese soño nunha realidade. Transformamos Tomiño e abrimos un novo tempo no que se fixeron centos de cousas. Somos conscientes de que aínda queda moito por facer, por iso temos un equipo cheo de ilusión e renovado que combina a experiencia coa sabia nova" co que afrontar os retos de futuro, porque "somos traballo, proxectos e a transformación para Tomiño", salientou González ante un ateigado Auditorio de Goián.

No mitin central de campaña, González animou aos veciños e veciñas a acudir ás urnas o vindeiro 26 de maio e a votar polo "concello da xestión e do cambio, que conseguimos captar 4 millóns de euros que sairán a licitación para próximas obras", por un goberno "cun sólido proxecto de futuro no que queremos seguir traballando".

Un programa en 15 puntos no que se recollen aspectos tan fundamentais para o futuro de Tomiño como a transformación dos cascos urbanos das parroquias, coa Praza do Seixo e a nova avenida do Baixo Miño como exemplo de implementación, sacando o tráfico e facendo espazos para as persoas e como ocorrerá tamén co proxecto +Goián. A construción da Biblioteca, "un lugar de creatividade e mocidade no que levamos traballando xa dous anos, preguntando á veciñanza, consultando con expertos" ou programas específicos para ter un concello "dos nenos e das nenas e polos que recibimos o selo de Cidade Amiga da Infancia de UNICEF".

Sen esquecer as axudas sociais porque "o concello é a administración máis próxima aos veciños, a primeira porta á que petar cando hai un problema, e por iso duplicamos pasando dos 400.000 aos 800.000 euros o investimento en benestar social, porque queremos ser o concello das persoas, porque temos instalacións para iso grazas á nosa pelexa constante", recalcou González.

As traídas de augas e a "labor fundamental que están facendo suplindo á administración"; o saneamento, campo no que "fixemos o dobre na metade de tempo, incluso tendo que refacer o que deixaron mal feito" e no que "buscaremos novas alternativas viables para todo o concello. O que di que pode levarse a todo o concello minte, ratificado por Augas de Galicia e a propia Xunta". A Eurocidade Cerveira-Tomiño como "instrumento para conseguir novos fondos porque en Europa neste momento priorízanse as fronteiras", un novo modelo de xestión do lixo máis ecolóxico e "adaptado ás estrictas normativas europeas" e unha clara aposta por potenciar o sector agrario coa creación dun Centro de Iniciativas Agrarias ou dunha zona loxística municipal para o establecemento de pequenas e medianas empresas son algunhas destas propostas.

"O 26 de maio nós chegamnos cos deberes feitos, co orgullo de ter transformado Tomiño e cun equipo cheo de ilusión. Estamos convencidos de que con este traballo en Tomiño o mellor está por vir", destacou Sandra González.

Con Ana Miranda e Ana Pontón

A eurodeputada do BNG Ana Miranda quixo acompañar á candidata á alcaldía de Tomiño e resaltar que conseguiu transformar a Tomiño nun "concello que medra, se desenvolve, que inspira optimismo, con proxectos exemplares. Tomiño é un exemplo evidente de que é posible facer as cousas doutra maneira, con servizos para a xente, cunha economía puxante e cun sector creador de riqueza".

Ana Pontón, portavoz municipal do BNG, asegurou que o elemento transformador comezou hai 12 anos, deixando "as páxinas máis brillantes da historia de Tomiño da man de Sandra e dun equipo que fixeron de Tomiño unha referente en Galicia". "Tomiño non é que estea na primeira división, e que é un equipo de Champions e agora é cando hai que darlle maior apoio. Hai que seguir traballando para que o concello siga avanzando e non haxa volta atrás", salientou.

O número 2 da candidatura, Uxío Benítez, fixo un chamamento a mobilizarse o vindeiro 26 de maio, a participar e a apoiar ao BNG para seguir traballando nese Tomiño que "hoxe é un referente en canto á recuperación de espazos públicos, saneamento, políticas sociais...". "Temos as cousas claras, sabemos a onde queremos chegar, temos un proxecto para Tomiño e temos a determinación, a valentía e a ilusión para seguir traballando", recalcou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones