Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Sandra González continuará co cambio de modelo urbano en Tomiño para -devolver o espazo público ás persoas-

O BNG de Tomiño creará espazos públicos nos núcleos centrais das parroquia, -un punto de encontro que funcione como lugar de convivencia-

Ampliarase a peonalización da Praza do Seixo e comezarase a reforma urbana do centro Goián

Fecha: 23 de Mayo de 2019

Fuente: BNG Tomiño

O Bloque Nacionalista Galego de Tomiño continuará no vindeiro mandato co proceso de transformación do modelo urbano xa iniciado no municipio e que ten por obxectivo recuperar os espazos públicos dos núcleos urbanos pensando nas persoas. "Apostamos por uns cascos urbanos humanizados, que sexan para os veciños e veciñas, que sirvan de punto de encontro, de lecer, de desfrute...", salienta Sandra González, candidata nacionalista á Alcaldía de Tomiño.

Este mes de agosto entrará en funcionamento a nova Avenida do Baixo Miño, que permitirá retirar todos os vehículos do centro da vila e que, xunto coa mellora da República Arxentina e da rúa A Guarda, converterá ao núcleo do Seixo "nun exemplo de núcleo urbano de referencia peonil, accesible e pensado para as persoas". O proxecto de reforma destas rúas contará cun investimento de 670.000 euros, dos que 500.000 foron captados a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra tras conseguir a mellor puntuación de entre todos os proxectos que concorrían.

"Damos prioridade aos espazos para os veciños e veciñas, para que a xente camiñe, pasee, compre, desfrute... un espazo humanizado que faga que o comercio funcione mellor, como sucede no resto de Europa", asegura González. Ademais, a nova avenida converterase nun eixo vertebrador ver, con árbores e zonas para pasear, e que suporá "un antes e un despois no concello de Tomiño".

O Goián do futuro
O proxecto do BNG de Tomiño ‘+Goián' busca recuperar o esplendor da vila de Goián, xerando un núcleo peonil central que conecta os diversos equipamentos xa existentes co centro. Con case 1,5 millóns de euros captados de fondos europeos e a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, este verán comezará a execución do proxecto de reforma da Carballeira e da Alameda de Goián e da creación dos accesos peonís que as conectarán coa praza central da vila. En 2020 está prevista a "recuperación do espazo público da praza da Igrexa para as persoas".

Con todos estes cambios tamén se unirá o Auditorio, a Escola de Música e o campo de fútbol coa praza Pintor Antonio Fernández, poñerase a disposición da Xunta de Galicia máis solo para a ampliación do colexio público, mellorarase o patio do centro, incluirase unha nova zona de xogos infantís e crearase unha nova zona deportiva.

Unha parroquia, un núcleo
A cambio de modelo urbanístico de Tomiño pasa tamén por transformar as prazas e contornas das igrexas de todas as parroquias para xerar espazos públicos centrais, "un punto de encontro que funcione como lugar de convivencia, no que a xente se relacione, desfrute, viva...". A aposta do equipo de Sandra González é replicar o modelo do Seixo nos núcleos centrais das parroquias e xerar eses espazos públicos a través das súas igrexas, torreiros... "É evidente que non pode haber un centro de saúde, unha escola infantil ou un centro de día en todas as parroquias, pero si que todas as parroquias poden ter un punto de encontro no que os veciños e veciñas desfruten da súa vila", salienta a candidata, que xa ten proxectos firmes enriba da mesa para a transformación de Figueiró, Amorín e Taborda.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones