Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Sandra González reforza a súa maioría en Tomiño acadando o 60% dos votos e sumando un concelleiro

As veciñas e veciños ateigaron a sede do BNG de Tomiño para acompañar á candidatura e seguir o escrutinio

As veciñas e veciños ateigaron a sede do BNG de Tomiño para acompañar á candidatura e seguir o escrutinio

Fecha: 28 de Mayo de 2019

Fuente: BNG Tomiño

Sandra González e o seu equipo seguirán ao frente do goberno do Concello de Tomiño despois de acadar un resultado histórico ao obter 4443 votos, casi 500 votos máis que na anterior cita electoral do 2015 e chegando ao 60% dos votos.

A xornada electoral desenvolveuse con total normalidade e sen incidencias. A partir das 20.00 h moitas veciñas e veciños de Tomiño déronse cita na sede do BNG de Tomiño para acompa-ñar á candidatura e seguir en directo o escrutinio a medida que ían chegando os datos dos recontos das mesas electorais. A chegada dos primeiros datos, correspondentes ás eleccións ao Parlamento Europeo, no que o BNG acadou tamén un resultado histórico para Ana Miran-da, vaticinaban os bos resultados que se ían obter no reconto municipal.

A alegría invadiu a sede a medida que se foi confirmando a contundente subida do apoio das veciñas e veciños de Tomiño á formación que encabeza Sandra González e que mellorou o seu respaldo na práctica totalidade das parroquias de Tomiño.

O resultado, que lle permite sumar un concelleiro máis que no anterior mandato, reforza o apoio ao proxecto de cambio que o equipo comezou no 2007, e que xa conseguiu que Tomiño sexa un referente na comarca en moitos aspectos como a recuperación dos espazos públicos para as persoas, as políticas en materia de educación e infancia e mocidade, ou pola aposta polo benestar e os servizos para as persoas que o precisan.

"Estes resultados fannos sentir moi agradecidos, orgullosos e ilusionados por seguir traballan-do neste proxecto de cambio para Tomiño. A nosa intención e traballar, traballar e traballar e demostrar ás veciñas e veciños que non os imos defraudar e que, como xa dixemos durante a campaña, en Tomiño, o mellor está por vir", declarou Sandra González.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones