Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Seis recoñecidos escultores traballarán en vivo até final de mes, no Espazo Fortaleza de Goián

A 3ª edición do Simposio de Escultura do Miño é unha iniciativa conxunta no terreo das artes, dos Concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira

A 3ª edición do Simposio de Escultura do Miño é unha iniciativa conxunta no terreo das artes, dos Concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira

Fecha: 08 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A partir do vindeiro luns, 11 de xuño, e até o día 30, seis recoñecidos artistas de distintas partes do mundo, traballarán en vivo para o público, no marco da terceira edición do Simposio de Escultura do Miño; unha iniciativa conxunta dos Concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, no terreo das artes.

Trátase dos escultores Zhao Li, de China, Zdravko Zdravkov, de Bulgaria, Georgi Minchev, tamén de Bulgaria, Ghueorgiu Filin, de Italia, Batu Isidore Shiharulidze de Estados Unidos e  Remigio Dávila, de Vigo (Pontevedra. España). As súas propostas foron seleccionadas entre unha ducia de proxectos, indicadores da relevancia alcanzada polo simposio tamén no estranxeiro.

Os artistas, coma vén sendo habitual, traballarán ao longo de dúas semanas, nas que compartirán estadía e amosarán o seu oficio ao público, dando vida a seis novas obras de arte que pasarán a formar parte do patrimonio escultórico das vilas. "Este é un proxecto conxunto moi valioso para nós e  que permanecerá nos nosos municipios, con achegas artísticas que veñen a enriquecer o patrimonio local", comentou Sandra González. Neste sentido, xa son dez as obras escultóricas realizadas durante os dous primeiros certames, e outras seis sumaranse con esta nova edición. Os concellos de Tomiño e Cerveira comparten a partes iguais os gastos do certame e as pezas resultantes.

 

Coma novidade desta terceira edición, a inclusión, por vez primeira, dunha escultura elaborada en bronce, que virá a sumarse ás xa tradicionais, realizadas en pedra. Tamén haberá un traballo mixto no que o artista combinará mármore e metal.

 

A labor de coordinación recae este ano, na escultora afincada en Tomiño Lili Pobornikova, unha das catro participantes da segunda edición. "Os simposios son un evento que sacan a arte fóra dos museos, á vista do público, onde os visitantes poden observar o progreso das obras e aprender sobre o proceso de traballo; ao mesmo tempo prodúcese entre os artistas convidados un intercambio de ideas, experiencias, emocións, amizades, etc.", comenta a coordinadora do evento.

 

ESCULTORES/AS

Batu Isidore Shiharulidze (EE.UU) naceu na República de Xeorxia. Obtivo un título de posgrao en escultura da Academia de Belas Artes do Estado de Tbilisi e un título avanzado de posgrao da Academia da Unión en Moscova. Gañou numerosos concursos de escultura en todo o mundo e as súas obras están en museos, coleccións privadas e exhibicións exteriores permanentes nos Estados Unidos, Gran Bretaña, os Países Baixos, Turquía, China, India e Xeorxia. É presidente do departamento de escultura da Universidade de Boston, onde vive. A obra que faga neste simposio, quedará en Cerveira.

 

Ghueorgiu Filin (Italia) estudou na Academia de Artes de Sofía, e despois en Carrara. É profesor e gañador de moitos premios de escultura, entre eles: terceiro premio de escultura en Qingdao; segundo en Nanjing - China; Gran premio en Nordart Alemaña; Premio de ouro en Wuhu, e Gran premio en Fuxín'an. A obra que faga neste simposio, quedará en Cerveira.

 

Georgi Minchef (Bulgaria) traballa na escultura monumental, e ten máis de 15 exposicións individuais e numerosos premios, esculpindo en diferentes materiais, coma a pedra, madeira, metal. É profesor no Departamento de Escultura e Disciplinas Teóricas dá Universidade Veliko Turnovo St. Cyril e Methodius. A obra que faga neste simposio, quedará en Tomiño.

 

Remigio Dávila (Vigo-España) executa a súa escultura con diversos materiais, respectando a súa linguaxe: pedra, bronce, ferro, cobre, chumbo, aceiro inoxidable, resinas de poliéster, goma espuma, mallas de aceiro refractario. Imparte clases na Escola de Artes de Vigo como profesor de "Debuxo e Pintura", e "Modelado e Talla en Pedra". Ten no seu haber numerosas exposicións, certames e bienais ao longo do país e diversos simposios internacionais de escultura. A obra que faga neste simposio, quedará en Cerveira.

 

Zdravko Zdravkov (Bulgaria) naceu en Sofía. Estudou na Academia de belas artes en Bulgaria, membro da Unión de artistas alí. Participou en simposios de escultura en Oman, Qatar, Taiwan, Irán, Kuwait, Turquía, India, Alemaña, Palestina, Romanía, Rusia e Bulgaria. A obra que faga neste simposio, quedará en Tomiño.

 

Zhao Li (China) estudou escultura na Academia de Artes e Deseño da Universidade Tsinghua. Participou en numerosas exposicións celebradas en China, Estados Unidos, Alemaña, Austria, República Checa, España, Italia, e conta con máis de 50 obras públicas en distintos países. A obra que faga neste simposio, quedará en Tomiño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones