Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

SEMANA SAUDABLE DO 6 Ó 11 DE ABRIL EN TOMIÑO

Na Casa da Cultura de Tomiño do 6 ó 11 de Abril de 2015

Na Casa da Cultura de Tomiño do 6 ó 11 de Abril de 2015

Fecha: 11 de Abril de 2015

Fuente: Omix Tomiño

O 7 DE ABRIL É O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE, CONMEMORANDO ASÍ O ANIVERSARIO DA CREACIÓN DA OMS (Organización Mundial da Saúde) EN 1948

Tomiño, 31 de marzo de 2015.- I SEMANA SAUDABLE CONCELLO DE TOMIÑO.

A OMS define a saúde como "un estado completo de benestar físico, mental e social, e non só a ausencia de afeccións ou enfermidades". Así, queda claro que máis alá de patoloxías, a saúde abarca diversos factores que interveñen na calidade de vida de cadaquén. Unha persoa sana, polo tanto, sería aquela que goza dunha vida plena e feliz a todos os niveis. O concello de Tomiño, comprometido coa saúde da súa cidadanía, pon en marcha unha serie de actividades, obradoiros e mesas redondas dirixidas a toda a poboación para fomentar o coidado da saúde física e mental:

6 DE ABRIL ás 20.30h:
Emisión da curtametraxe de ficción "PELUCAS" escrita e dirixida por José Manuel Serrano Cueto: "Pelucas" xurde da experiencia persoal de Montse Gómez e Serrano Cueto. Montse finou o 6 de novembro de 2013 por mor dun cancro. Esta curta de ficción, cunha mensaxe positiva, é o froito do apoio de numerosas persoas e entidades . Posterior mesa redonda : "QUE PODEMOS FACER CONTRA O CANCRO?" na que participarán María Ángeles Pereira Roibal, médica da AECC (asociación española contra o cancro) e Esmeralda Martínez Pedreira (presidenta da Xunta Comarcal do Baixo Miño).

7 DE ABRIL ás 20.30h: Charla-Conferencia: "QUE ENTENDEMOS COMO UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE?" Está demostrado que a alimentación e a saúde camiñan da man. Unha axeitada alimentación axuda a promover a saúde e a previr enfermidades. A charla-conferencia será impartida por Silvia Méndez Alonso, licenciada en bioloxía, especializada en nutrición e metabolismo e fundadora do proxecto holístico "V de Vegetal". Degustación a posteriori de batidos, patés e zumes verdes.
8 DE ABRIL ás 20.30h: Charla-Obradoiro "INTERVENCIÓNS ASISTIDAS CON ANIMAIS" Nesta charla explicaranse, de xeito xeral, en qué consisten este tipo de intervencións, diferenciando tres bloques principais: terapia, actividades e educación asistida con animais. Irán intercalándose a teoría con prácticas cos cans de terapia. Impartida por persoal do gabinete psicopedagóxico "Con-tacto": Olalla Vergara (técnica en intervencións asistidas con animais e mestra especializada en NNEE -necesidades educativas especiais- ) e Laura Pazos (psicóloga especializada en intervencións especializadas con animais e en psicoterapia infantil e adolescente)

9 DE ABRIL ás 19.30h: Obradoiro "MATERNIDADE E SAÚDE : CONCIENCIA CORPORAL MÚSICA E MOVEMENTO" Este obradoiro práctico e vivencial, a cargo da fisioterapeuta experta en embarazo e post-parto Nuria Peláez, está orientado ás mulleres que queiran adquirir pautas para levar un embarazo e un post-parto saudable dende o punto de vista corporal e emocional, coa música como ferramento de traballo. Ás 20.30h: Obradoiro "DIGNIFICANDO O PARTO E O NACEMENTO: UNHA VISIÓN NORMALIZADORA DO EMBARAZO, PARTO E LACTANCIA" Outro feito de parir e nacer é posible, porque ciencia e instinto poden e deben complementarse. Un embarazo non é algo patolóxico e toda muller ten dereito a ser informada, a ser escoitada e a escoller a opción que considere mellor e máis axeitada para ela e o seu bebé. Imparte Pilar Millán, coordinadora de "O Parto é Noso".

10 DE ABRIL ás 20.30h : Conferencia "O IOGA É SAÚDE" Oríxenes do ioga tibetano, prevención da enfermidade e potenciación da saúde. Importancia da respiración na saúde. Beneficios psíquicos, físicos e emocionais do ioga. Práctica. Impartida polo Doutor Javier Akerman, naturópata e nutricionista, exprofesor do máster de medicina natural na USC (universidade de Santiago de Compostela). Maestro de ioga tibetano e meditación formado no monasterio budista de Pharping (Nepal) e na Academia Internacional de Katmandú.

11 de ABRIL ás 10h: Obradoiro "IOGA TIBETANO" Práctica de ioga tibetano: as ásanas (posturas), estiramentos, "o guerreiro", "nangpa chipa", "citta vritti", meditación en movemento. A cargo de Sonia Amilatti, instrutora de ioga tibetano certificada pola escola internacional de ioga tibetano Lhakhang Gompa. Instrutora de pilates terapéutico.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones