Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

SES e a súa música reivindicativa chegan á Praza do Seixo este sábado ás 22.30

A cantautora coruñesa presentará o seu novo disco

A cantautora coruñesa presentará o seu novo disco

Fecha: 28 de Julio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A música social e reivindicativa de Sés chega este sábado 24 28 de xullo a Tomiño. Ás 22.30 horas na Praza do Seixo, esta cantantautora, unha das artistas máis recoñecidas no panorama musical galego actual, sairá ao escenario nun concerto de balde e que se celebra no marco do programa Musigal da Deputación de Pontevedra e O son da praza! do Concello de Tomiño.

‘Readmirando a condición é o quinto traballo de SES no que a cantautora coruñesa volve aos seus inicios para voltar a gravar, musicar e arranxar o seu primero disco, Admirando a condición. Este novo álbum inclúe ademáis un tema inédito e homónimo e converte ás cancións do seu primeiro disco cunha sonoridade moito máis potente. Foron gravadas de novo dende cero e arranxadas por ela mesma. O seu inconfundible estilo levouna a convertirse na artista máis relevante de Galiza nos últimos anos ata chegar a ser un fenómeno social que non deixa de medrar e que consegue conectrar co público en todos os seus concertos.

Despois do Barrantes Folk e do XXV Encontro dos Pobos, o concerto de Ses é a terceiro gran evento do programa tomiñés O son da praza!, que achega a mellor música á Praza do Seixo durante os meses de verán

Cinema de balde ao aire libre
A axenda de verán do Concello de Tomiño continúa a botar fume e este venres ás 22.30 horas na Praza do Seixo, no marco do cinema ao aire libre que se celebra no mes de xullo, proxectarase a película ‘Tu mejor amigo', basada na novela ‘La razón de estar contigo' que narra cómo, a través de diversas reencarnacións, un mesmo can terá a oportunidade de vivir tres vidas distintas ao cafrón dos seres humanos. Trátase dunha película ideal para todos os públicos e para que os pais e nais acudan cos seus fillos. A película trata sobre a familia Wishbone, que está a pasar por un mal momento. Coma sempre, a entrada é de balde.


As anteriores tres películas que xa se proxectaron no cinema de balde de este verán foron todo un éxito de asistencia e o Concello espera que a Praza do Seixo se volva a encher de familias para disfrutar de ‘Tu mejor amigo'.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí