Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Setecentas persoas melloran os seus hábitos da man do Servizo de Educación Familiar de Tomiño

Máis de 30 familias acuden aos obradoiros de alimentación dentro do programa -Medrando en Familia-

Máis de 30 familias acuden aos obradoiros de alimentación dentro do programa -Medrando en Familia-

Fecha: 13 de Enero de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Tomiño, atendeu durante o 2019 a máis de 700 persoas usuarias de algúns dos distintos programas organizados polo departamento.

Máis de 60 familias participaron nos obradoiros de estimulación temperá e no encontro e obradoiros de hábitos saudables e de nutrición infantil dirixido prioritariamente a menores de 3 anos, unha das principais novidades da edición,e que converteu nun auténtico espazo para aprender, resolver dúbidas e dar resposta ás inquedanzas das familias tomiñesas con nenos e nenas na primeira infancia. Ese era o obxectivo de "Medrando en familia", un programa de intervención socio-comunitaria centrado en familias con cativos e cativas menores de 6 anos que pechou a súa terceira edición cun rotundo éxito de acollida.

Posto en marcha pola Concellería de Benestar Social do Concello de Tomiño, o programa contou nesta ocasión cun encontro e varios obradoiros pensados "para estimular o establecemento de pautas básicas de organización familiar e, sobre todo, para que os pequenos e as pequenas da casa teñan un tempo de lecer propio e compartido cos seus proxenitores e medren conxuntamente", segundo explica a concelleira responsable, Cristina Martínez.

Ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro, o Servizo de Educación e Apoio Familiar desenvolveu distintas actividades no propio Concello, pero tamén na escola infantil Galiña Azul e no mercado municipal; actividades ás que acudiron 35 familias preocupadas por aprender a facer a transición aos sólidos dos seus fillos, ou converténdose en cociñeiros por un día para descubrir alimentos saudables e boas prácticas alimenticias, da man de profesionais, coma a farmacéutica e nutricionista Nuria Iglesias, ou Quelly Rodríguez, de Ma Nunú, que conxugaron teoría e práctica deseñando estratexias para unha alimentación máis sa e apetecible.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones