Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Smartpeme desenvolverá ao longo de xullo 30 obradoiros sobre as TIC

Os cursos impartiranse nas oficinas de Cambados, Lalín, O Porriño, Pontevedra e Vigo do proxecto Smartpeme

Os cursos impartiranse nas oficinas de Cambados, Lalín, O Porriño, Pontevedra e Vigo do proxecto Smartpeme

Fecha: 04 de Julio de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

Smartpeme desenvolverá ó longo deste mes de xullo 30 obradoiros dentra da súa programación de eventos informativos sobre as TIC. Este proxecto trátase dun novo modelo de servizo que a través das oficinas de Cambados, Lalín, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo orienta a súa actuación á mellora competitiva das pemes co obxectivo de impulsar o desenvolvemento económico da provincia a través das novas tecnoloxías.

En Cambados, no Centro ExpoSalnés, os obradoiros que se impartirán serán "Fotografía con Smartphone: PIXLR para Android e IOS" (o luns 4, 19:00 h.), "Como mellorar a percepción da túa clientela cos teus e-mail" (xoves 7, 19:00 h.), "Como empregar Google e Google Apps for Business" (martes 12, 19:00 h.), "Google Analytics: Interpretación dos datos e tomas de decisións" (martes 19, 19:00 h.), "Seguridade informática: conceptos básicos" (xoves 21, 19:00 h.) e "Elixe a túa plataforma de comercio electrónico" (venres 29, 19:00 h.).

En Lalín, no Viveiro de Empresas do Polígono Lalín 2000, terán lugar obradoiros sobre "Google Calendar, moito máis que unha axenda" (sábado 9, 11:00 h.), "Redes sociais para a empresa: É twitter a túa solución?" (martes 12, 19:00 h.), "Rendibiliza o teu perfil profesional en redes sociais (luns 18, 19:00 h.), "A túa información sempre á man, almacenamento na nube" (xoves 21, 19:00 h.), "Fotografía con smartphone: PIXLR para Android e IOS" (mércores 21, 19:00 h.) e "Seguridade da información: protexe o teu smartphone" (vernes 29, 19:00 h.).
No concello do Porriño, no Multicentro municipal, as actividades son as de "Elixe a túa plataforma de comercio electrónico" (celebrouse o sábado 2), "Comercializa os teus servizos a través das redes sociais" (martes 5, 19:00 h.), "Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais" (vernes 8, 19:00 h.), "Imos chamar á porta da túa clientela. Posicionamento SEO" (vernes 15, 19:00 h.), "Facebook Ads" (xoves 21, 19:00 h.) e "Google Analytics: Interpretación dos datos e tomas de decisións" (venres 29, 19:00 h.).

En Pontevedra, no edificio administrativo da Deputación, os obradoiros de Smartpeme este mes comezan o mércores 6 de xullo ás 19:00 horas con "Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial, viral e e-mail" e seguirán con "Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope, etc." (venres 19 , 19:00 h.), "Sácalle partido á túa conta de Gmail" (martes 19, 19:00 h.), "Elixe a túa plataforma de comercio electrónico" (sábado 23, 11:00 h.), "Seguridade informática: conceptos básicos" (martes 26, 19:00 h.) e "Mostrario virtual: a fotografía é o produto no medio en liña" (xoves 28, 19:00 h.).

En Vigo (na sede da Deputación de Pontevedra) impartiranse os obradoiros "Como empregar Google e Google Apps for Business" (luns 4, 19:00 h.), "A túa páxina web en menos de 90 minutos" (mércores 6, 19:00 h.), "Google Analytics: Interpretación dos datos e tomas de decisións" (xoves 14, 19:00 h.), "Redes sociais para a venda" (sábado 16, 11:00 h.), "Seguridade informática: conceptos básicos" (mércores 20, 19:00 h.) e "Fotografía con Smartphone: PIXLR para Android e IOS" (venres 29, 13:00 h.).

As persoas interesadas poderanse inscribir e obter información a través do teléfono 886 20 20 20.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones