Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Sofía Areal presidirá o Consello da Infancia e da Adolescencia de Tomiño

A vindeira reunión será este venres 23 de marzo, ás 18.30 horas no salón de plenos do Concello

A vindeira reunión será este venres 23 de marzo, ás 18.30 horas no salón de plenos do Concello

Fecha: 22 de Marzo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Consello da Infancia e da Adolescencia continúa a traballar para mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes e a súa participación activa na vida municipal e a promoción de políticas locais que garantan o seu desenvolvemento integral.
 
Esta folla de ruta iniciada o pasado mes de decembro continuou na celebración de sucesivos consellos nos que se decidiron o nomeamento da súa presidenta, Sofía Areal, e que a organización leve o nome de Voces Novas de Tomiño. Ademais, crearase un enderezo electrónico, vocesnovas.tomino@gmail.com, que servirá de canle de comunicación co resto dos veciños e veciñas do municipio.

O Consello celebrará unha nova convocatoria este venres 23 de marzo ás 18.30 horas no salón de plenos do Concello. Nesta reunión os e as integrantes do consello aprobarán o regulamento interno e valorarán os documentos do V Encontro de Consellos de Infancia e Adolescencia, que se celebrará en Oviedo en maio e ao que Tomiño non poderá asistir pola grande afluencia de solicitudes que recibiu a organización do evento.

Nestes intres 10 mozos e mozas integran o Consello tomiñés, aínda que a participación continúa aberta a todos os rapaces se rapazas interesados en formar parte desta iniciativa, que soamente teñen que encher un formulario de inscrición (http://tomino.gal/wp-content/uploads/2018/01/Autorizacion.pdf ) no que nais, pais ou titores e titoras legais dan o consentimento de participación ao ser todas as persoas integrantes menores de idade.

Cidade Amiga da Infancia
A posta en marcha deste Consello é un dos pasos que está a dar o concello de Tomiño para conseguir o selo de Cidade Amiga da Infancia concedido por Unicef, que recoñece o labor dos municipios a prol de mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, a súa participación activa na vida municipal e a promoción e implantación de políticas locais que garantan o seu desenvolvemento integral cun enfoque de dereitos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones