Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Son Trío presenta -Miña almiña- no día de Rosalía en Tomiño

Terá lugar o domingo ás 18 horas no Auditorio de Goián.

Terá lugar o domingo ás 18 horas no Auditorio de Goián.

Fecha: 23 de Febrero de 2019

Fuente: SonTrío

O grupo feminino vigués de voz, cello e piano ofrecerá un concerto organizado polo Concello de Tomiño o Día de Rosalía, 24 de febreiro, data do seu nacemento. Terá lugar o domingo ás 18 horas no Auditorio de Goián.

Son Trío está composto pola vocalista Su Garrido Pombo, a cellista Susanna Blanco e a compositora e pianista rusa Katerina Linke. O proxecto Miña almiña que presentarán ao público é un ciclo de cancións froito da fusión da poesía de Rosalía de Castro e o seu poemario Follas novas cunha música orixinal escrita cunha linguaxe musical moi actual, para facer soar os poemas do s. XIX como se fosen escritos hoxe. Unha música intimista e contemporánea cun estilo propio cheo de matices e suxerencias e un son moi orgánico e fresco, conseguindo emocionar ao público aló onde se presenta. Nunhas poucas semanas publicarán tamén o disco que editan coa produción artística de Gonso Pedrido.

O día de Rosalía levará tamén a Son Trío a presentar Miña almiña en Chapela e Vilagarcía o sábado 23 (12.00 e 21.00 horas respectivamente) e ás 13.00 en As Neves, ademais do concerto en Goián.

O grupo formado a finais de 2017 e con poucos meses de vida ten sido recibido cunha fantástica acollida e recoñecemento tamén doutros músicos, converténdose en finalista dos premios Martín Códax, os máis importantes en música de Galicia, e ven de conseguir tamén o II Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas musicados coa canción ‘Un día'.

Ademais, Son Trío completa o seu repertorio versións frescas e elegantes de cancións populares galegas e tamén doutros poetas contemporáneos galegos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones