Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑENSES E CERVEIRENSES TRABALLAN NO DESEÑO DE PROXECTOS COMÚNS QUE SERVIRÁN DE BASE A CANDIDATURAS A PROGRAMAS EUROPEOS

As conclusións dos grupos de traballo celebrados recentemente serán presentadas no primeiro trimestre de 2015 coa organización das I Xornadas da Amizade

As conclusións dos grupos de traballo celebrados recentemente serán presentadas no primeiro trimestre de 2015 coa organización das I Xornadas da Amizade

Fecha: 29 de Enero de 2015

Fuente: www.concellotomino.com / Infom

Tomiño e Vila Nova de Cerveira continúan traballando en proxectos que lles permitan dar forma a unha candidatura común a programas europeos de desenvolvemento.

Tras a celebración de catro Focus Group celebrados en novembro e decembro do pasado ano, para a definición da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Cerveira-Tomiño 2014-2020, os responsables de ambos os municipios seguen a traballar mancomunadamente.

Nesta liña, atópase a reunión mantida onte en Tomiño entre os alcaldes Sandra González e Fernando Brito Nogueira, co fin de analizar as áreas prioritarias de cooperación, e adiantar as conclusións dos grupos de traballo que serán presentadas no primeiro trimestre de 2015 coa organización das I Xornadas da Amizade.

Os mandatarios informaron na oportunidade que cerca de dous centenares de representantes de 70 entidades, asociacións e empresas portuguesas e galegas, participaron, entre novembro e decembro, nos catro Focus Group para a definición da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Cerveira-Tomiño 2014-2020. Encima da mesa estiveron temas moi específicos como "O Río Miño como recurso común a potenciar", "Mobilidade Transfronteiriza e Desenvolvemento Territorial", "Xestión compartida dos servizos públicos locais" e "Desenvolvemento económico".

Máis datos de interese sobre os Focus Group

As sesións, de carácter informal, superaron todas as expectativas, cunha media de 50 inscricións, resultando nunha posta en común de ideas e na exposición de preocupacións actuais, compartidas por ambos os municipios.

Organismos da Administración Central e Rexional, institucións de ensino, asociacións deportivas culturais e musicais, empresariais, de pescadores; entidades de turismo, institucións transfronteirizas, autoridades policiais, profesores e investigadores, particulares. A transversalidade de representantes presentes xerou momentos de debate moi frutíferos, fomentando un sentimento de cohesión social e potenciando a colaboración futura en novas áreas.

Tendo como enfoque as vantaxes existentes no desenvolvemento conxunto dun programa, os asistentes traballaron para identificar as potencialidades dos dous concellos, que poderían outorgar un carácter único a un proxecto de cooperación transfronteiriza que deu os primeiros pasos, formalmente, no mes de xuño pasado, coa sinatura da Carta da Amizade.

O programa para a definición da Axenda Estratéxica para a Cooperación Cerveira-Tomiño culminará no primeiro trimestre de este ano, coa realización das 1as Xornadas Amizade Cerveira-Tomiño, nas cales serán presentadas as conclusións dos catro Focus Group e os proxectos prioritarios a desenvolver, e que servirán de base á presentación dunha candidatura común ao POCTEP, 2014-2020.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones