Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño acolle este mércores un taller de estimulación da memoria

É unha iniciativa enmarcada no programa de actividades socioculturais para usuarios e usuarias de TAD e persoas acompañantes

É unha iniciativa enmarcada no programa de actividades socioculturais para usuarios e usuarias de TAD e persoas acompañantes

Fecha: 24 de Octubre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra organiza para este mércores 24 de outubro, ás 17:00 horas, en Tomiño un taller de estimulación da memoria para persoas usuarias do servizo de Teleasistencia Domiciliaria da institución provincial. Participarán máis de 30 usuarios e usuarias, así coma 10 acompañantes, dos concellos de Tomiño, Oia, Gondomar, Baiona e Nigrán. A actividade terá lugar no Casa da Cultura de Tomiño. A iniciativa enmárcase no programa de actividades socioculturais para persoas usuarias do servizo de TAD impulsado polo Goberno provincial e que se desenvolve ao longo de todo o ano en distintos municipios da provincia.

O taller da memoria que acollerá Tomiño será impartido pola actual coordinadora do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación de Pontevedra. É diplomada en Traballo Social pola Universidade de Vigo e conta con formación específica en Metodoloxía da Intervención Social e do Envellecemento Activo e de Saúde.

Na actualidade, o servizo de teleasistencia domiciliaria da Deputación de Pontevedra atende a un total de 523 persoas de 45 concellos da provincia. Esta iniciativa permite a persoas de avanzada idade ou con algún tipo de diversidade funcional manter a súa independencia e continuar vivindo no seu domicilio con tranquilidade e seguridade, coa consecuente mellora na súa calidade de vida.

Ante unha situación de emerxencia no fogar, con só pulsar un botón, os e as usuarias reciben asistencia inmediata, 24 horas ao día e 365 días ao ano, mobilizando os recursos necesarios para dar solución ao problema. Isto é posible grazas a un terminal asociado á liña telefónica, que se instala nos domicilios e que permite establecer unha comunicación directa desde calquera punto da casa, similar ao sistema de "mans libres" dos teléfonos móbiles. Así mesmo, a través do centro de atención deste programa préstanse servizos de apoio inmediato a demandas de angustia, soidade, accidentes domésticos, mobilización de recursos ante situacións de emerxencia sanitaria, persoal ou social, xestiónanse axendas para recordar á persoa usuaria datos importantes sobre toma de medicación ou realización de xestións e tamén se realizan seguimentos permanentes mediante chamadas telefónicas periódicas. O servizo complétase con visitas regulares aos usuarios e usuarias, co obxectivo de acompañar a estas persoas e así minimizar o sentimento de soidade e illamento ao que moitas se ven abocadas, e xornadas de convivencia.

Ao longo do 2017 atendéronse un total de 4.735 alarmas (cun tempo medio de atención de 10,6 segundos e de resolución de incidencias de 1 minuto e 28 segundos) desde os terminais. Por número de chamadas destacan as persoas usuarias dos concellos de Tomiño, con 358; O Porriño, con 327; Mos, con 299; O Grove, con 258 e Sanxenxo, con 232 chamadas.

Durante o ano 2017, houbo 441 visitas de seguimento e coordinación, incluíndo as visitas por incidencia técnica. Amais, ao longo do ano organizáronse dous tipos diferentes de actividades, unhas, lúdicas, dirixidas as persoas usuarias do servizo de teleasistencia, que se realizaron nos concellos de Mos, Bueu e Cambados, e, outras, actividades de difusión que tiveron lugar nos concellos de Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, O Grove, Pazos de Borbén, Cuntis, Barro, Cambados, Salceda de Caselas, Valga, Meis, Ribadumia, Forcarei e Sanxenxo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones