Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño acolle este sábado a obra de teatro -miss docet- dentro do ciclo de memoria histórica -barracas- da Deputación

A obra é de balde para o público no Auditorio de Goián ás 21 horas

A obra é de balde para o público no Auditorio de Goián ás 21 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Mayo de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra leva este sábado a Tomiño a obra de teatro ‘Miss Docet’ dentro do ciclo de Memoria Histórica ‘Barracas’.  Trátase dunha iniciativa do departamento dirixido pola deputada María Ortega que pretende espallar a memoria histórica, a cultura e a lingua galega nos concellos provincia coa representación dunha peza de estrea de ‘Compañía Eléctrica’ totalmente de balde para o público.

 

 ‘Miss Docet’ dará a coñecer a vida de Emilia Docet Ríos, coñecida como a Miss España Galeguista, unha figura silenciada pola historia e que foi recollida por ‘Compañía Eléctrica’ porque a muller, con 17 anos, aproveitou o concurso de Miss para exercer o seu galeguismo e a súa implicación política ademais de estar moi vencellada aos movementos do deporte e progresistas na cidade de Vigo.

 

O que se representará en Tomiño, Auditorio de Goián sábado ás 21  horas, é un espectáculo coa dirección de Vanesa Sotelo e a escrita con María Reimóndez, na que aparece en escena como actriz única Iria Pinheiro.

 

‘Miss Docet’ pertence ao ciclo ‘Barracas’ da Deputación, un proxecto posto en marcha por un dobre motivo:  garantir que as compañías galegas conten con respaldo económico que as anime a proxectar textos referentes á memoria e espallar entre a cidadanía a memoria con perspectiva de país, xénero e clase.

 

As pezas que se representan falan de mulleres cun perfil moi destacábel durante a República, como Emilia Docet, María Gómez ou como  María Barbeito, que representan o ideario do programa provincial ‘O pasado por vir’ para poñer en valor as ideas que se perderon co golpe e a represión da ditadura. 

 

O nome do ciclo ‘Barracas’ tomouse polo seu simbolismo,  explicou a deputada, como unha homenaxe á compañía ‘La Barraca’ coa que Federico García Lorca percorreu Galiza no marco das Misións Pedagóxicas que no período republicano pretendían achegar a cultura a distintas vilas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí