Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño acolle este xoves o Correlingua 2018

esta quinta feira (xoves) 10 de maio a partir das 11:30h na praza do Seixo

esta quinta feira (xoves) 10 de maio a partir das 11:30h na praza do Seixo

Fecha: 10 de Mayo de 2018

Fuente: A Mesa

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Marcos Maceira, estará presente no Correlingua de Tomiño que se celebrará esta quinta feira (xoves) 10 de maio na praza do Seixo. A intervención do presidente da Mesa será a partir das 11:30h.

Maceira, falará da traxectoria do Correlingua, a maior actividade de normalización de toda Galiza que cumpre 18 anos en activo, converténdose nunha xanela aberta á normalidade para o idioma propio de Galiza resultado do esforzo colectivo.

O Correlingua non só serve para dinamizar o galego no ámbito educativo, senón que tamén supón unha plataforma para dar a coñecer grandes nomes da música actual, das artes escénicas, da literatura ou do deporte. Neste sentido, o Correlingua é unha actividade imprescindíbel que mostra que existe a música, a literatura, as artes escénicas en galego.

Cada ano, o Correlingua aglutina o activismo social en favor do galego demostrando que en Galiza existe unha cultura e unha lingua dinámica e viva, que a mocidade está a favor do galego malia as dificultades para a súa utilización.

Se hoxe en día existe o Correlingua, é grazas á colaboración de diversas entidades como son a Mesa, a ASPG e a CIG Ensino, coa axuda tamén do profesorado, concellos e deputacións.

Finalmente Marcos Maceira anima á xente a empregar o galego sempre e en todo lugar, e fará un chamamento á unión de entidades sociais para defender a lingua, instando ás institucións a se sumar, mais sobre todo á sociedade en xeral para que a normalidade plena sexa posíbel.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí