Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño acorda por unanimidade solicitar á incorporación á Área Metropolitana de Vigo

A pretensión de participar no ente supramunicipal, baséase nas -fortes vinculacións económicas, sociais, culturais e mesmo sociolóxicas- existentes coa vila tomiñesa

A pretensión de participar no ente supramunicipal, baséase nas -fortes vinculacións económicas, sociais, culturais e mesmo sociolóxicas- existentes coa vila tomiñesa

Fecha: 10 de Septiembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A Corporación Municipal do Concello de Tomiño tomou onte en pleno e por unanimidade, a decisión de solicitar á incorporación da vila á Área Metropolitana de Vigo.

A citada decisión veu motivada pola moción presentada pola Alcaldía, na que se explicaba que "dadas as fortes vinculacións económicas, sociais, culturais e mesmo sociolóxicas, aconsellan a planificación conxunta e coordinación de determinados servizos e obras, para garantir a súa prestación integral e adecuada no ámbito de todo o territorio, así como para acadar a eficacia nos investimentos públicos, tal como dita a nova Lei de 12 de abril da Área Metropolitana de Vigo.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, sinalou que Tomiño ten vontade de que exista un transporte público que facilite o desprazamento diario de veciños e veciñas de xeito seguro, económico e ambientalmente sostible".

Para a rexedora non hai que esquecer a liña ferroviaria Porto-Valença, que pasando por Vila Nova de Cerveira (situada a 5 km. de Tomiño), será algún día un eixo vertebrador do territorio da comarca. "Tomiño ten vocación de lembrar na área metropolitana que este medio de transporte é fundamental para reforzar as relacións entre dous polos atlánticos coma Vigo e Porto", salientou a alcaldesa. Asemade, para ela, unha mellor conexión entre ambas marxes "suporá unha vantaxe competitiva para Tomiño, repercutindo no emprego, na economía e na conectividade do noso territorio".

Deste xeito, os concelleiros e concelleiras das diferentes formacións políticas do Concello, aprobaron por unanimidade o acordo de "manifestar a vontade da Corporación Municipal de incorporación do Concello de Tomiño á Área Metropolitana de Vigo, de modo que se inicien os trámites para a adopción do acordo polo Consello da Xunta de Galicia para o novo ingreso" e "trasladar o presente acordo á Área Metropolitana de Vigo, unha vez constituída, para que ao abeiro das atribucións que lle confire o artigo 8 da Lei 14/2016, aprobe e informe a incorporación deste concello ao ente supramunicipal".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones