Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño agradece a labor da Agrupación Musical de Goián, gañadora de dous premios no último Certame de Bandas Populares

A alcaldesa salientou o traballo das distintas directivas que axudaron a consolidar o -un proxecto pedagóxico único-, e a figura de Andrés Álvarez, músico saído da agrupación e recoñecido compositor na actualidade

A alcaldesa salientou o traballo das distintas directivas que axudaron a consolidar o -un proxecto pedagóxico único-, e a figura de Andrés Álvarez, músico saído da agrupación e recoñecido compositor na actualidade

Fecha: 19 de Noviembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O pasado sábado, o Concello ofreceu no Salón de Plenos, unha recepción á Agrupación Musical de Goián, pola súa labor e os seus recentes galardóns no XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares, á cal a banda acudiu coa obra «Lobo de Río», do compositor goianés Andrés Álvarez, grazas a cal acadou o "Primeiro premio" con 481 puntos na sección terceira, e o premio á «Mellor interpretación dunha obra de temática galega».

A Agrupación, tras interpretar un pasarrúas pola Praza do Seixo, chegou ao Concello, onde a agardaban membros da corporación municipal para darlle os parabéns. De alí, trasladáronse ao Salón de Plenos, onde tivo lugar a homenaxe institucional.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, tomou a palabra para agradecer ao colectivo en nome de todo o Concello, a súa entrega e bo facer, lembrando o nacemento da agrupación hai máis de 2 décadas e da escola de música, á que asisten máis de 130 persoas de todas as idades, especialmente nenos e nenas. A rexedora salientou o traballo das distintas directivas que axudaron a consolidar o "un proxecto pedagóxico único", e a figura de Andrés Álvarez, músico saído da agrupación e recoñecido compositor de música de banda na actualidade. Tamén tivo palabras de agradecemento para Pedro Villarroel, actual director, "cuxo esforzo, disciplina, ánimo, entusiasmo e tenacidade" fan da banda unha familia que se enfronta a constantes desafíos, sempre cun sorriso".

Pilar Ramos, presidente da agrupación musical goianesa, agradeceu as palabras da alcaldesa, e o apoio incondicional do Concello, sen o cal o proxecto non sería posible. Salientou asemade o papel do director, que fai posible coa súa perseveranza a consecución de cada obxectivo, coma os premios obtidos nos certames, sacando de cada alumno ou alumna o mellor de cada un.

Pechou a quenda de discursos, o propio director, Pedro Villarroel, quen asegurou que "así coma Tomiño atópase orgulloso da súa banda, a banda séntese orgullosa do pobo que ten. Quero por en valor o traballo que fan os integrantes da agrupación e o talento que sen dúbida teñen. Conseguimos o éxito pero so polo traballo que facemos todos os días, lembrou, antes de pechar o acto coa interpretación do himno galego. Finalmente, a directora da agrupación e o director foron convidados a asinar no Libro de Honra do Concello.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones