Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño aposta pola eficiencia enerxética do edificio do Concello, coa instalación dunha caldeira de biomasa

O importe das obras é de 83.472,71 ?, cofinanciados cunha subvención do IDAE, no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020

O importe das obras é de 83.472,71 ?, cofinanciados cunha subvención do IDAE, no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020

Fecha: 10 de Diciembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de adxudicar a colocación dunha caldeira de biomasa e un novo sistema de iluminación LED que permitirán mellorar substancialmente a eficiencia enerxética da casa consistorial.

A empresa adxudicataria (Termocalor Vigo S.L) será a encargada de executar as obras nun prazo de 5 meses, de "Mellora da eficiencia enerxética do Concello de Tomiño", por importe total de 83.472,71 €, cofinanciados cunha subvención do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético), dentro das axudas a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono, no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020.

Ditas obras consistirán na optimización do consumo enerxético mediante a substitución da caldeira de gasóleo C de 110 Kw, por unha de biomasa de 108 Kw de potencia, alimentada con biocombustibles, para subministro de calefacción e instalación de luminarias LED. cun prazo de execución de 5 meses.

A caldeira de biomasa estará dotada dunha flexibilidade máxima nos posibles combustibles (pellets, oso de oliva, astillas ata G50/W40, agropellets, etc.), así coma dun sistema de autolimpeza con parrilla de alta alleación, acendido de alto rendemento e baixo consumo.

A instalación da nova caldeira de biomasa é unha aposta decidida do Concello polas enerxías limpas e tamén polo aforro enerxético, converténdose nun dos primeiros de Galiza en gozar deste tipo de equipamentos.

Nesta liña, o concelleiro de Servizos Públicos e Eficiencia Enerxética, Lois Vázquez, explicou que "coas novas obras obterase un aforro de moi significativo, ademais de apostarse por unha das enerxías limpas do presente e do futuro, conseguindo mellorar substancialmente a eficiencia enerxética do edificio municipal, e avogando polo uso das enerxías renovables nos espazos públicos"; tema no que o goberno municipal vén traballando varios anos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones