Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño aproba o I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia

O CIA, integrado por nenos e nenas e adolescentes, será un dos órganos encargados do seguimento das actividades

O CIA, integrado por nenos e nenas e adolescentes, será un dos órganos encargados do seguimento das actividades

Fecha: 31 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño deu luz verde tanto á creación do Consello da Infancia e Adolescencia, coma ao I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia, ambos os dous requisitos para presentarse á oitava convocatoria de recoñecemento de Cidades Amigas da Infancia, promovida por UNICEF.

Con este fin, a corporación en pleno, aprobou na última sesión ordinaria, celebrada o día 24, a creación dun Consello da Infancia e Adolescencia e a realización do I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia Concello de Tomiño 2018-2021. Dicho plan proponse enfrontar retos moi importantes, coma é "mellorar os niveis educativos", dar resposta aos problemas que xera a dispersión poboacional típica do municipio", ou "visibilizar a riqueza agrícola do territorio coma unha opción laboral" para mozos e mozas, ou xerar unha rede de apoios e recursos a nivel comarcal".

Coma prioridades, a "participación protagónica de nenos, nenas e adolescentes de Tomiño na definición do público", a educación destes colectivos en todos os seus ámbitos; a difusión e concienciación social dos dereitos da infancia e adolescencia, e o desenvolvemento integral e transversal das políticas deste grupo de poboación, no propio concello.

Coma antecedentes deste I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia, figuran os programas municipais de educación familiar, reforzo escolar (É Aprender), de atención psicolóxica; actividades de igualdade e extraescolares gratuítas; campamentos de verán; xornadas de Educación e Saúde; Escola Municipal de Teatro; proxecto "Camiños Escolares"; Oficina Municipal de Información Xuvenil, etc.

Para levar a cabo o citado plan, mantivéronse reunións de traballo e coordinación interna e externa entre os axentes implicados, e realizáronse enquisas en diferentes departamentos municipais.

Entre as principais actuacións contempladas no plan, atópanse as de dar continuidade aos programas de Servizos Sociais do Concello; sobre todo a aqueles específicos para nenos/as e adolescentes (Programa de Educación Familiar); así coma aos programas de reforzo escolar, de igualdade e de actividades extraescolares de balde. Tamén aos investimentos de mellora e ampliación e creación de espazos infanto-xuvenís ao aire libre.

Pero o máis novidoso sexa quizais, a creación dun Departamento Municipal de Infancia e Adolescencia no que estean representados todos os axentes e sectores implicados.

Outros fins contemplados no plan son realizar charlas informativas e formativas destinadas á infancia e adolescencia, crear caixas de suxestións físicos e virtuais; crear e manter un espazo específico na páxina web municipal; consolidar a celebración de plenos infantís e realizar actividades de divulgación nos centros educativos públicos do municipio.

No referido ao seguimento do plan , prevese que un órgano de coordinación interna, con nenos, nenas e adolescentes, se ocupe de avaliar as actividades levadas a cabo.

Aprobación do CIA
Na mesma sesión plenaria, aprobouse de maneira oficial, a creación do Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño (CIA). Constituído por nenos e nenas e adolescentes, este órgano ten coma presidenta a Sofía Areal, alumna do IES Antón Alonso Ríos, e leva funcionando dende o 15 de decembro do pasado ano, promovido polo Concello de Tomiño. Na actualidade está formado por 22 persoas, de entre 11 e 17 anos. O nome escollido é "Voces Novas" xa que queren converterse nunha ferramenta para facer que se escoiten as súas voces, opinións e ideas, e están a traballar nesta liña, participando na vida municipal.


O grupo segue aberto a novos membros que se animen a participar (vocesnovas.tomino@gmail.com ).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones