Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Tomiño aproba, por unanimidade, a creación dunha sede electrónica

A veciñanza poderá, en breve, realizar trámites e consultar expedientes para coñecer o estado do procedemento, se é parte interesada

A medida complementarase cun novo xestor de incidencias e un buzón de queixas e suxestións

Fecha: 19 de Julio de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño implanta nestas semanas a nova Sede Electrónica do Concello, sumándose ao proceso de modernización xeral das Administracións, que ten coma finalidade facilitar e axilizar a xestión dos expedientes, tanto dentro coma fora do Concello.
A decisión de crear a sede electrónica foi tomada de forma unánime no último pleno ordinario, celebrado a semana pasada.

Tras un proceso de formación específica, os traballadores do Concello, comezaron a tramitar algúns expedientes, e está prevista a desaparición paulatina do papel a mediados do ano que vén, aínda que o cidadán que así o prefira poderá seguir presentando as súas solicitudes de forma presencial.

Esta nova forma de traballo dixital e centralizada, facilitará os trámites, tanto na súa xestión interna, coma de cara á cidadanía, e servirá tamén para arquivar os expedientes dunha forma máis segura e eficaz que na actualidade. "Deste xeito, todo o procedemento gañará en transparencia, control e eficacia", explica Antonio Tartaglione, concelleiro de Réxime Interior e Promoción Económica, quen prevé que a sede estea operativa tamén para a cidadanía nos vindeiros meses (avisarase puntualmente).

A sede electrónica do Concello conterá ademais toda a información sobre os procedementos e trámites a seguir na administración Local, con especial mención dos dispoñibles en formato dixital. Asemade, estará dotada con información actualizada de forma permanente sobre as autoridades competentes en cada servizo municipal.

Os diferentes tipos de escritos, comunicacións e solicitudes que poidan presentarse ante o Concello, estarán tamén dispoñibles na sede electrónica, así coma un buzón de queixas e suxestións para a veciñanza, que poderá obter copias electrónicas dos trámites realizados, coa data e hora correspondente, feito que garantirá a integridade do procedemento.

Por outra banda a xestión electrónica dos trámites complementarase cun xestor de incidencias, que se porá en marcha en breve, e que significará unha xestión e resolución máis áxil e segura de todas as incidencias que se presenten en cada unha das áreas e servizos municipais.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí