Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño apúntase ao proxecto -Camiños Escolares-

O proxecto pretende conseguir que nenos e nenas poidan ir ao cole de forma autónoma e segura

O proxecto pretende conseguir que nenos e nenas poidan ir ao cole de forma autónoma e segura

Fecha: 25 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño, co apoio da Deputación de Pontevedra, acóllese ao proxecto socioeducativo "Camiños Escolares". O obxectivo primordial é que nenas e nenos podan desprazarse de forma autónoma, apostando por unha mobilidade saudable, sostible e segura."

A iniciativa xurde no marco da estratexia de seguridade vial 2011-2020 da DGT, que  "pretende crear un marco de actuación que facilite, impulse e coordine as accións dos distintos entes e axentes sociais a nivel estatal, a través da consecución de obxectivos comúns e novos retos.

Entre os moitos obxectivos cabe destacar a defensa e protección dos/as suxeitos/as máis vulnerables, entre quen está o público infantil.

Dentro dunha primeira etapa de diagnose, realizáronse actividades nas aulas e de recoñecemento no terreo, que realizaron hoxe os grupos de 5º e 6º de Primaria do centro Pedro Caselles, acompañados polo equipo técnico que redactará o proxecto definitivo.

Outros dos eixes vertebradores deste proxecto é a filosofía de A CIDADE DOS/AS NENOS/AS . PROXECTO INTERNACIONAL DO CONSELLO NACIONAL DE INVESTIGACIÓN . INSTITUTO DE CIENCIAS E TECNOLOXÍAS DO COÑECEMENTO (ROMA), que tenta conseguir unha maior autonomía, mobilidade, participación e seguridade.

o          AUTONOMÍA

"Dende o comezo do Proxecto, asumiuse como un dos seus obxectivos principais, facer posible que nas nenas e nenos podan saír de case sen ser acompañadas/os, para poder atoparse cós/as seus/úas amigos/as e xogar nos espazos públicos da súa cidade: dende o patio de casa, á beirarrúa, dente a praza ao xardín.

o          PARTICIPACIÓN

"Un instrumento fundamental para reconstruír un ambiente acolledor e dispoñible, relacionado coas nenas e nenos, é pedirlles que contribúan, chamalos a colaborar para facer un cambio real do ambiente urbano.

o          SEGURIDADE

A razón principal que impide a nenas e nenos saír de casa é o perigo da estrada. O tráfico, a contaminación e a presencia de persoas perigosas fanlle pensar ás persoas adultas que é imposible que unha nena ou neno saia á rúa soa para xogar cós seus amigos e amigas. As medidas de defensa, preveñen a nivel de defensa individual, diferentes tipos de "fortificación", as portas blindadas ou os sistemas de alarma, o acompañamento constante de nenos e nenas ou os instrumentos de control remoto: dende o teléfono móbil a pulseiras controlada por satélite.

o          MOBILIDADE

"A mobilidade de nenas e nenos, que ata fai poucas décadas era parecida á das súas nais e pais, hoxe en día case desapareceu, mentres que a das persoas adultas aumentou moitísimo. Hoxe nenos e nenas non poden saír á rúa porque as súas familias móvense demasiado transformando as rúas y espazos públicos da cidade en espazos perigosos.

Logo da fase de diagnose, no que se encadra a actividade de recoñecemento do terreo, virá o deseño do Plan de Actuación e definiranse as actividades a realizar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones