Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO ASPIRA A FORMAR PARTE DAS CIDADES AMIGAS DOS NENOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Concellos como O Grove, Ponte Caldelas, Caldas, Cangas, Tomiño, Soutomaior ou Ponte Caldelas, entre outros, manifestaron a súa intención de sumarse á rede

Concellos como O Grove, Ponte Caldelas, Caldas, Cangas, Tomiño, Soutomaior ou Ponte Caldelas, entre outros, manifestaron a súa intención de sumarse á rede

Fecha: 28 de Enero de 2016

Fuente: depo.es

O vicepresidente provincial, César Mosquera, anunciou hoxe tras a reunión mantida con máis de 40 alcaldes e concelleiros que a Deputación de Pontevedra liderará, xestionará e servirá de delegación do proxecto da 'Cidade dos nenos' impulsado polo sociólogo italiano Francesco Tonucci. Mosquera subliñou que "hai moito interese dos concellos pontevedreses e tamén da comunidade escolar en traballar co obxectivo de dar maior autonomía aos nenos e nenas no deseño do espazo público. Imos tirar para adiante e a Deputación asumirá o papel de ser o referente na provincia, en Galicia e, se cadra, no estado".

Pola súa banda, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, que deu a benvida aos rexedores, manifestou o seu apoio total á proposta de crear unha "provincia amiga dos nenos e nenas". "Apaixóname este proxecto que o vicepresidente quere levar adiante nos concellos. Unha sociedade que non pensa en clave dos seus nenos e nenas non ten futuro e nós queremos un bo futuro", subliñou.

O proxecto de 'Cidades amigas dos nenos' baséase en dous piares: que os nenos participen no goberno da súa cidade e recuperen a súa autonomía mediante un deseño dos espazos públicos axeitado. Neste último aspecto, o sociólogo italiano propón a utilización dos camiños escolares como primeiro chanzo para actuacións máis globais. O vicepresidente Mosquera explicou aos rexedores que é fundamental resolver os problemas nas vías de acceso aos colexios e fomentar unha percepción de seguridade para que os pequenos e pequenas poidan desprazarse sen compañía de adultos no seu camiño diario á escola. "Hai que facer un traballo escolar e social de reeducación. O máis difícil será que nais e pais perciban que o neno pode ir aos sitios sen o perigo do tráfico. Por outra banda é precisa unha parte física, que será de mellora viaria. É un círculo sobre o que hai que actuar", sinalou.

Como proposta de actuación, pois, Mosquera explicou que a Deputación ofrecerá toda a súa colaboración aos concellos para poñer en marcha eses camiños escolares. Darase asesoramento técnico e promoveranse charlas e encontros dos representantes municipais con persoal da Fundación de Francesco Tonucci (incluso visitas do mesmo sociólogo italiano a cada concello), con funcionarios e asesores da Deputación provincial, do Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) do Ministerio de Medio Ambiente e doutros colectivos formados ao respecto. Tamén se repartirá material informativo para poder levar adiante as iniciativas.

En canto ás actuacións de mellora física das estradas, o vicepresidente instou aos concellos a utilizar o Plan Móvese (Mobilidade e Velocidade Segura) que está a impulsar a Deputación de Pontevedra para mellorar os puntos conflitivos das vías provinciais nos contornos de centros escolares e en zonas de elevado tránsito peonil. Lembrou que as actuacións de calmado do tráfico que se realicen ao abeiro dese plan serán financiadas integramente pola institución provincial. En calquera caso, Mosquera sinalou que "non son precisas actuacións extraordinarias, senón proxectos puntuais como ordenación de pasos de peóns, instalación de boa iluminación ou estreitamentos de pasos de cebra... que poden ser un bo punto de partida para chegar ao obxectivo final, que é crear espazos nos que a autonomía dos nenos estea garantida".

Unha das cuestións que quedou clara no encontro celebrado hoxe foi que son os alcaldes os que deben apostar por un deseño dos espazos públicos que teña aos nenos e nenas como referencia das necesidades de mobilidade da cidadanía. Neste sentido, moitos dos rexedores xa manifestaron a súa intención de unirse á rede e aprobar nos plenos dos seus concellos as adhesións. De feito, concellos como O Grove, Ponte Caldelas, Caldas, Cangas, Tomiño, Soutomaior ou Ponte Caldelas, entre outros, manifestaron a súa intención de sumarse á rede de Tonucci . Nalgúns casos, de feito, de xeito inminente. A incorporación non suporá ningún custe económico nin cuota para os municipios e é totalmente voluntaria e desinteresada.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones