Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Tomiño avanza no procedemento de expropiación do Camiño do Alivio

A apertura desta zona permitirá reorganizar toda a contorna coa Praza do Seixo e crear un núcleo urbano pensado para as persoas

A apertura desta zona permitirá reorganizar toda a contorna coa Praza do Seixo e crear un núcleo urbano pensado para as persoas

Fecha: 23 de Enero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño segue avanzando para transformar o núcleo do Seixo nun espazo público pensado para as persoas, con accesibilidade universal e con calidade urbana. Tras aprobar en pleno a iniciación dos trámites para proceso de expropiación necesario para a apertura da rúa Camiño do Alivio, este domingo remataba o seu período de exposición pública sen que se presentaran ningún tipo de alegacións, o que demostra que se trata "dun proxecto que ten moi boa acollida por parte da cidadanía", como sinalan dende o goberno municipal.

Este proceso afecta a dúas parcelas que deben de ser expropiadas para derribar unha das esquinas da rúa e camiñar cara o futuro proxecto de remodelación das rúas Camiño do Alivio e República Arxentina. As e os propietarios afectados xa foron notificados por parte do Concello e aínda están en prazo de presentar as alegacións que consideren oportunas.

Esta zona supón nestes intres un punto conflitivo dentro das rúas de Tomiño, tanto por ser un punto que dificulta a accesibilidade da cidadanía como polo que complica o tráfico rodado, con escasa visibilidade e limitando a mobilidade da zona. O Plan Xeral de Ordenación Municipal xa contempla unha aliñación que lexitima o procedemento expropiatorio e que posibilitará que o entronque da rúa Camiño do Alivio e República Arxentina teña máis de 12 metros de largo, a diferencia dos escasos 5 metros que ten hoxe.

O goberno local continúa a tomar esta serie de medidas estratéxicas para o futuro desenvolvemento de Tomiño, favorecendo un crecemento máis ordenado no que primen a mobilidade peonil e sustentable e o desfrute do espazo público, xerando unha maior calidade de vida urbana.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí