Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño avanza no saneamento, cos núcleos urbanos de Rexidouro, Pazos e A Val

O investimento permitirá servir a unhas 60 vivendas destes núcleos, e a outras tantas das parroquias de Carregal e Forcadela

O investimento permitirá servir a unhas 60 vivendas destes núcleos, e a outras tantas das parroquias de Carregal e Forcadela

Fecha: 14 de Junio de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño continúa levando a cabo obras de saneamento, tanto nos núcleos de Tomiño, coma nas parroquias, dentro da que vén sendo a cuarta de cinco fases. Hoxe remata o prazo de licitación de obras por un importe superior aos 250.000 euros, nos núcleos de Rexidouro, Pazos e A Val, da parroquia de Santa Mª de Tomiño. A intervención permitirá dar servizo a unhas 60 vivendas, que manifestaron o seu interese por engancharse á rede municipal.

Outra das parroquias nas que se realizarán obras de saneamento é Carregal (barrio Carregal de Abaixo). O custe das mesmas, ascende aos 200.000 euros, cos que será posible servir a unhas 50 vivendas. O prazo para presentar licitacións pecha o día 26 deste mes.

Por último, están a rematarse as obras realizadas ao longo de 250 metros en Forcadela, beneficiando a outras cinco vivendas.

A intervención nos barrios do núcleo urbano de Tomiño, estase levando a cabo en cinco fases, dando servizo a un total de 166 vivendas, sen contar as que se realizarán en breve.
Estas novas accións veñen a sumarse ás que se fixeron meses atrás en A Rocha, Camiño Novo, e Pazos Lameira, cun investimento superior ao millón de euros, procedentes de fondos propios e da Deputación Provincial (Plan Concellos 2017).

Asemade, están pendentes de licitación obras de saneamento por importe de 210.000 euros, en Sanomedio (Vilachán), dentro do Plan Concellos 2018.

Por outra parte, nestas semanas porase en marcha o servizo dun tractor especial para baleirado de fosas sépticas, nas zonas que carecen aínda de saneamento.

O concelleiro de Obras, Francisco Campo Lago, salientou o esforzo económico do Concello por avanzar en temas de saneamento e abastecemento de augas, co fin de que cada vez sexan máis familias as que gocen deste servizo municipal.

"Hai que ter en conta que Tomiño, con máis de cen quilómetros cadrados, 15 parroquias, e case 14.000 habitantes, se ve afectado por unha dispersión importante, o que fai complicado levar a rede municipal até os lugares máis afastados do núcleo urbano", explica o concelleiro.

Aínda así, na actualidade, máis do 60% das vivendas teñen a posibilidade de conectarse á rede de saneamento. Unha década atrás, so o 21% das casas contaban con este servizo; feito polo cal o saneamento sempre foi unha das prioridades do goberno nas últimas tres lexislaturas, realizando un investimento total aproximado de 6 millóns de euros, e pasando das 1020 vivendas que tiñan saneamento hai 10 anos, ás 2822 que na actualidade contan co servizo", engade Campo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones