Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño cada vez máis cerca de converterse en Cidade Amiga da Infancia

Integrantes do CIA de Castrelo de Miño comparten a súa experiencia con nenos e nenas do campamento urbano de verán

Integrantes do CIA de Castrelo de Miño comparten a súa experiencia con nenos e nenas do campamento urbano de verán

Fecha: 04 de Agosto de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Cinco integrantes do Consello Infantil e Adolescente (CIA) de Castrelo de Miño -primeiro municipio galego que obtivo, de Unicef, o recoñecemento "Cidade Amiga da Infancia"- visitaron Tomiño para transmitir a súa experiencia aos nenos e nenas que participan no campamento urbano de verán.

Tomiño quere sumarse tamén á rede, polo que está tentando reunir os requisitos para a concesión do selo CAI, por parte de Unicef, e esta visita significa un paso máis nese sentido. Así o manifestou a alcaldesa Sandra González, logo de dar a benvida ao comité. A recepción tivo lugar no CEP Pedro Caselles Beltrán, o pasado venres ás 9 da mañá. Logo das presentacións, os integrantes do CIA relataron as súas experiencias e traballo realizado dende a constitución do Consello, en 2012.

Adriana, Edita, Laura, Estefanía, Ismael, (acompañados por Enatali, Sonia e Maribel), explicaron en primeira persoa o obxectivo do seu traballo, que non é outro que promover a aplicación da Convención sobre os Dereitos da Infancia no ámbito local, promocionar a participación dos nenos, nenas e adolescentes, en todos os temas que lles afectan, e fomentar o traballo en rede entre os 155 municipios que forman parte da iniciativa. Trátase de que «se deseñen e implementen políticas públicas eficaces» para mellorar o benestar da infancia e adolescencia, defendendo os seus dereitos e fomentando a súa participación,facendo as cidades entornos máis habitables", indicaron.

Que non existan deberes no cole, máis visitas ao zoo e ao cine; un parque máis grande e mellor; un cine de inverno; unha sala de xogos recreativos; a limpeza do río Tebra; un campo de fútbol público de calidade; unha biblioteca con sala de informática e sección infantil/xuvenil, foron so algunhas das ideas-desexos que os nenos e nenas de Tomiño escribiron en grandes cartulinas a modo de axenda, para ser presentadas ante as autoridades locais. Tamén houbo peticións de caracter social, coma a creación de equipos de mediación nos coles e máis vixilancia nos recreos; máis axudas de libros e material escolar, etc.

Marta Andrade, de Unicef Galicia, quixo estar presente neste encontro celebrado en Tomiño. Explicou que este é un paso máis para conseguir o selo CAI, e que é necesario ter un Consello de e un Plan Municipal de Infancia e Adolescencia, no que se contemplen as medidas a tomar en 4 anos. "Este encontro é moi importante para que os nenos e nenas saiban que é un consello da infancia e descubran que tamén teñen dereito a opinar e participar nas decisións da súa localidade".


Boas prácticas
O selo CAI outorgado por Unicef converte ao concello que o obtén, en impulsor e promotor da aplicación da Convención sobre os Dereitos da Infancia na esfera local, a través da participación dos infantes e adolescentes, en temas que lles afectan coma cidadáns. Ademais das poblacións que conforman a rede de Cidades Amigas da Infancia, medio centenar de municipios foron distinguidos no Certame de Boas Prácticas, un concurso no que se recoñecen proxectos ou actuacións exemplares a favor da infancia e a adolescencia, levadas a cabo por gobernos locais e outras entidades públicas e privadas. Tomiño é un deles, polo seu programa de reforzo escolar e apoio psicolóxico "É Aprender".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones