Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño celebra a segunda reunión sobre turismo transfronteirizo

As sesións están dinamizadas pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (FCEER), constituída polas universidades da Coruña, Minho, Porto, Santiago de Compostela, Trás-os-Montes e Alto Douro, e Vigo, e contan coa colaboración

As sesións están dinamizadas pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (FCEER), constituída polas universidades da Coruña, Minho, Porto, Santiago de Compostela, Trás-os-Montes e Alto Douro, e Vigo, e contan coa colaboración

Fecha: 29 de Noviembre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O 27 de novembro no Salón de Plenos do Concello de Tomiño celebrouse a segunda reunión do grupo de traballo sobre turismo transfronteirizo que xunta técnicos, empresas e entidades da Eurocidade Cerveira-Tomiño, propiciando o contacto entre diferentes actores turísticos para tratar as distintas problemáticas do sector baixo un enfoque transfronteirizo, buscando avanzar nun diagnóstico común en termos de relevancia, potencialidades e necesidades do turismo no territorio.

A proposta enmárcase na Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, cofinanciada ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea, e persegue, entre outros obxectivos, promover un maior coñecemento sobre o sector do turismo local e dinamizar o potencial económico da Eurocidade.

O grupo de traballo, constituído o pasado 30 de outubro, pretende desenvolver unha axenda de coñecemento, divulgación e promoción da competitividade do sector turismo coa intención de definir o programa dunhas Xornadas de Turismo a celebrar a comezos do 2019 en Vila Nova de Cerveira. Ata agora teñen participado máis de 30 persoas en representación do empresariado local; asociacións cívicas, comerciais e culturais, ademais de técnicos municipais de turismo, desenvolvemento local e cooperación transfronteiriza. Asistiron tamén a concelleira de Cultura de Cerveira, Aurora Viaes, e os responsables de Turismo e Promoción económica no goberno municipal de Tomiño, Fátima Rodríguez e Antonio Tartaglione, respectivamente.

As sesións están dinamizadas pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (FCEER), constituída polas universidades da Coruña, Minho, Porto, Santiago de Compostela, Trás-os-Montes e Alto Douro e Vigo, e contan coa colaboración do Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones