Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño celebra a véspera de Nadal con deporte e un mercado creativo cargado de actividades

O centro da vila será o grande protagonista durante toda a xornada, coa saída da carreira e os postos de artesanía, ilustración, moda, arte, decoración e complementos do mercado

O centro da vila será o grande protagonista durante toda a xornada, coa saída da carreira e os postos de artesanía, ilustración, moda, arte, decoración e complementos do mercado

Fecha: 22 de Diciembre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño agardará ao Nadal con moita actividade para toda a familia. O domingo 23 de decembro o centro da vila converterase no escenario principal da I Carreira de Nadal, organizada polo Concello de Tomiño en colaboración co Club Atletismo Tegra, e do I Mercado Creativo de Nadal, posto en marcha coa axuda dos praceiros e praceiras do Mercado Municipal.

I Carreira de Nadal
A I Carreira de Nadal contará con sete categorías que sairán por quendas da rúa Daniel Calzado: Absoluto Masculino/Feminino 4,5 km (11.00h), Alevíns Masculino/Feminino 1,5 km (11.30h), Infantís Masculino/Feminino 1,5 km (11.30h), Cadetes Masculino/Feminino 1,5 km (11.30 h), Benxamíns Masculino/Feminino 600 m (11.40h), Prebenxamíns Masculino/Feminino 250 m (11.50h) e Pulgas Masculino/Feminino 100 m (12.00h).

A proba rematará con chocolate para todas as persoas participantes. A inscrición, de balde, pode facerse a través do enderezo electrónico carreiranadaltomino@gmail.com ou o mesmo día da proba.

I Mercado Creativo

Os soportais e arredores do Mercado Municipal de Tomiño e a Praza do Seixo, diante do Concello, acollerá este domingo 23 o I Mercado Creativo de Nadal. De 11.00 a 21.00 h todas as persoas visitantes poderán atopar postos de artesanía, ilustración, moda, arte, decoración e complementos e desfrutar dun amplo programa lúdico e formativo con actividades para adultos e nenos e nenas.

Deste xeito, pola mañá (de 12.00 a 14.00 h), unha nutricionista impartirá no andar de abaixo do Mercado Municipal o ‘Obradoiro de elaboración dun menú semanal'. A esta actividade seguiralle un ‘Obradoiro infantil de galletas' que se impartirá de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 18.30 h tamén no andar de abaixo do mercado.

A mediodía, o primeiro andar acollerá a sesión ‘Vermú con petiscos' e un concerto a cargo de Denís Carballás (de 12.30 a 15.00 h). Xa pola tarde, sesión lúdica coa chegada do Apalpador, que andará de visita polo Mercado Municipal e pola Praza do Seixo de 17.00 a 19.00 horas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones