Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO CELEBRA AS LETRAS GALEGAS CUNHA SERIE DE OBRADOIROS INTERXERACIONAIS

A tudense María Sánchez Diz gaña o concurso de deseño de camisetas con dúas propostas moi orixinais

A tudense María Sánchez Diz gaña o concurso de deseño de camisetas con dúas propostas moi orixinais

Fecha: 17 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Co gallo de fomentar a transmisión artística e de tradicións, o uso normalizado do galego, e en definitiva, promover a cultura da terra, o Concello de Tomiño, celebrará o Día das Letras Galegas, martes 17 de maio, cunha serie de actos, que comezarán ás 10.30h, na Praza do Seixo.

As persoas asistentes poderán mercar libros en galego cun 40% de desconto, grazas á unha subvención municipal que ten coma finalidade incentivar e promover a lectura en galego. Esta actividade realizarase en colaboración coa única libraría de Tomiño.

Ás 12.30h a Agrupación Musical de Goián, ofrecerá un concerto conmemorativo.

Paralelamente, se impartirán diferentes obradoiros organizados polo grupo de voluntariado local:
OBRADOIRO INTERXERACIONAL. Participación do grupo de maiores do Centro de Día; contarán contos en galego, ensinarán a lanzar buxainas (peóns), e interpretarán cancións en galego para a infancia e persoas adultas interesadas.

OBRADOIRO MUSICAL. Os voluntarios e voluntarias prepararán, utilizando diversos instrumentos, varias cancións para ser cantadas polas persoas participantes.

OBRADOIRO BÚSQUEDA DO TESOURO. Os grupos participantes terán que atopar e resolver pistas que estarán relacionadas coa lingua, tradicións, cultura galega e con Manuel María.

OBRADOIRO TRIVIAL CAMIÑO DE SANTIAGO-CULTURA GALEGA, con preguntas relacionadas coa cultura e lingua galegas, nosa xeografía e Manuel María en particular.

OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS (en horario de tarde, a partir das 17h).

Todas as persoas que participen nos obradoiros serán agasalladas cunha camiseta deseñada de xeito altruísta por unha usuaria do servizo: a tudense María Sánchez Diz, que realizou dúas propostas moi orixinais: unha para muller e outra para home.

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, salienta o papel clave das institucións na transmisión das tradicións e valores. "Se non queremos que caian no esquecemento, debemos promover actividades relacionadas coa nosa lingua e cultura, para acadar a súa posta en valor", sinala.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones