Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño celebra o -Día Universal do Neno- cun pleno infantil e alumnado de todos os coles e instituto

Entre as persoas convidadas estiveron dúas representantes do Comité Galego de Unicef

Entre as persoas convidadas estiveron dúas representantes do Comité Galego de Unicef

Fecha: 21 de Noviembre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Salón de Plenos do Concello de Tomiño encheuse esta mañá de cor e voces infantís, para celebrar o Día Universal do Neno/a. Un pleno no que participaron nenos e nenas de todos os coles do municipio, Instituto de Ensino Secundario, representantes do comité galego de Unicef, concelleiros e alcaldesa.

A sesión comezou sobre ás 11 da mañá coa participación do alumnado e rematou coas palabras da alcaldesa, Sandra González, e a vicepresidenta de UNICEF Comité Galicia, Gloria del Río.

O primeiro en participar foi o CRA Mestre Manuel Garcés, cunha vacina contra a violencia, a base de bicos, abrazos, palabras bonitas, harmonía e amor.

Seguiulle unha representación do CEP Pedro Caselles, que escenificou un caso de acoso e exclusión escolar.

Dende Goián chegou o cole Pintor Antonio Fernández, cunha vacina contra o virus "pegasus abusón" e os antídotos correspondentes: non insultar, non ignorar nin illar a ninguén; evitar conflitos innecesarios, etc.
O CEIP Plurilingüe de Tebra tamén estivo presente, con vacinas para varios virus e receitas, fórmulas e tratamentos preventivos para eliminalos.

Barrantes optou tamén por presentar virus e vacinas para combatir o acoso e a exclusión. Por último, unha representación do alumnado do IES Antón Alonso Ríos, presentou o "Virus Insultata", dando receitas a base de tolerancia e amor para terminar con el. Lectura dun manifesto no que deron conta do seu malestar ante aspectos negativos da actualidade, coma os casos de violencia machista, as guerras, as desigualdades sociais e a indiferencia. Propuxeron a creación dunha ONG na que sexa posible exercitar valores coma a paciencia, a ilusión, a tolerancia, a esperanza e a educación.

A alcaldesa, pola súa banda, felicitoulles polo traballo realizado e aproveitou para lembrar a recente declaración de Tomiño coma Cidade Amiga da Infancia e da Adolescencia, convidándolles a participar no Consello da Infancia e Adolescencia "Voces Novas".


Gloria del Rio, de Unicef Galicia, foi a encargada de pechar o pleno. Agradeceu a todos o traballo realizado e lembrou que "UNICEF traballa todo o ano para conseguir cambios reais na vida dos nenos e as nenas, e o Día Universal do Neno é un momento clave para sumarnos a este chamamento mundial a favor da infancia e dos nenos máis vulnerables".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones