Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño celebrou o día contra a violencia de xénero con bolboretas na Praza do Seixo

Pola tarde, celebrouse no mercado municipal unha lectura de poemas, teatro e un concerto de rap

Pola tarde, celebrouse no mercado municipal unha lectura de poemas, teatro e un concerto de rap

Fecha: 26 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Alumnado do IES de Tomiño, decorou no mediodía deste venres a Praza do Seixo, co seu traballo "Bolboretas", símbolo das mulleres asasinadas, para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Estudantes da ESO tomaron a Praza do Seixo, para vestir a pérgola situada en fronte do Concello, de bolboretas de vivas cores e lendas contrarias á violencia de xénero. "A túa ira non aplaca acosando a outros" ou "Corta se revisa o teu móbil" rezaban algunhas das moitas frases colgadas polos mozos e mozas do instituto. Para rematar, o alumnado entregou bolboretas de cores pintadas a man, con palabras coma "denuncia", "sentimento", "cóidate" ou "quérete".

Xa pola tarde-noite, no primeiro andar do mercado municipal, celebrouse unha lectura de poemas de varias poetisas galegas a cargo de mulleres tomiñesas (representantes de distintas asociacións e a título individual), acompañadas polo clarinete de Adriana Carrera, profesora da escola de música da Agrupación Musical de Goián.

Pouco despois, Vero Rilo, do grupo Daboapipa, interpretou a obra teatral "As Lavandeiras", e para rematar a xornada conmemorativa, nos soportais do mercado, representantes de Adavas Baixo Miño, leron os nomes das mulleres asasinadas no último ano, como preludio ao Concerto de Checho, cantante de rap solidarizado e comprometido coa loita contra a violencia de xénero.
Os actos, organizados pola Oficina de Igualdade Municipal, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, continúan o día 30 de novembro, coa charla-presentación da devandita oficina, co fin de informar sobre os recursos e servizos de asesoramento xurídico e asistencia a mulleres que presta o departamento, grazas a unha subvención da Deputación Provincial. Será ás 19 horas, na Casa da Cultura.
Por último, os días 1 e 2 de decembro, celebrarase o obradoiro "Acción social fronte á violencia de xénero", a cargo do colectivo ADAVAS. Tamén na Casa da Cultura, a partir das sete da tarde.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones