Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Tomiño colabora na investigación sobre a biopsia líquida

Galicia na vangarda da investigación oncolóxica

Galicia na vangarda da investigación oncolóxica

Fecha: 07 de Abril de 2017

Fuente: oncomet

O grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet) pedía hoxe en Tomiño a colaboración para a campaña de micromecenado coa que pretende involucrar a toda os galegos na financiación colaborativa e desinteresada dun novo proxecto de investigación oncolóxica: a biopsia líquida.
A través das mesas informativas situadas na Praza do Mercado do concello Oncomet daba a coñecer hoxe as vantaxes desta innovadora técnica non invasiva que logra extraer cunha simple análise de sangue a información de todo o material tumoral ofrecendo resultados case a tempo real.
Os fondos que se consigan nesta campaña, que remata o vindeiro 11 de abril, permitirían a contratación do persoal necesario así como a compra do equipamento preciso para continuar con esta investigación.

Ata o dagora a campaña recadou un total de 420.364 euros e Oncomet aspira a chegar aos 500.000 euros nos 5 días que lle quedan de campaña.
Aínda se pode colaborar a través da propia plataforma de micromecenado, www.oncomet.es , chamando ao 981 955 344, enviando SMS ou ben a través dun ingreso na conta corrente ES68 2080 0300 8730 4556 7736.

Charla informativa
A Casa da Cultura acolle esta tarde unha conferencia no marco do Día Mundial da Saúde na que a dra. Laura Muinelo explica hoxe ás 20.30 os pormenores e as vantaxes desta nova técnica que está a revolucionar o mundo da oncoloxía: a biopsia líquida.

O resultados do estudo da biopsia líquida permitirán abrir novas vías de tratamento e ampliar o número de pacentes adiantándonos no diagnóstico dos doentes de cancro e tratar a enfermidade en estadíos máis trempranos, seleccionando así mellor os tratamentos.


A biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos nos que Oncomet leva a traballar máis de cinco anos. Os fondos que se consigan nesta campaña permitirían a contratación do persoal necesario así como a compra do equipamento preciso para continuar con esta investigación.


De conseguir o éxito agardado nos 5 días que quedan, a campaña contribuiría a colocar a Galicia nunha situación de liderazgo no marco da medicina oncolóxica de precisión.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí