Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño comeza a semana adicada a Alonso Ríos coa inauguración dunha exposición

O IES Antón Alonso Ríos acolle a exposición, onde se pode visitar unha recreación dun aula co mobiliario e instrumental da época

O IES Antón Alonso Ríos acolle a exposición, onde se pode visitar unha recreación dun aula co mobiliario e instrumental da época

Fecha: 04 de Octubre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O pasado martes ás 11:30h tivo lugar no IES Antón Alonso Ríos o comezo das actividades da semana que o Concello adica ao seu mestre máis destacado, e que dende o pasado mes de novembro da nome ao instituto.

O pistoletazo de saída desta semana chea de actividades en torno á figura deste mestre e político tan fundamental na historia de Tomiño concretábase coa inauguración dunha exposición que recolle pormenorizadamente a historia e percorrido deste persoeiro, con especial fincapé na súa aportación ao mundo da educación e no seu compromiso político co movemento agrarista.

O acto contou coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o neto de Antón Alonso Ríos, Diego Clemenz, do Inspector de Educación de Pontevedra, e da comunidade educativa do instituto.

A exposición poderáse visitar nas instalacións do IES Antón Alonso Ríos, e cabe destacar a recreación dun aula co mobiliario e instrumental que se utilizaba nas escolas nos anos nos que Antón Alonso Ríos exerceu como mestre.

A semana continuará cunha variada oferta de relatorios, charlas mesa redonda, etc. que permitirá ás persoas participantes achegarse á figura do persoeiro.

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño acolle do 3 ao 6 de outubro de 2017 as Xornadas Antón Alonso Ríos contando coa seguinte programación:

Martes 3 de outubro

Inauguración ás 11:30h

Mércores 4 de outubro

Antón Alonso Ríos: O percurso dun activista entre dous mundos por Xosé Manoel Núñez Seixas ás 19:00h

Xoves 5 de outubro

Antón Alonso Ríos: Esino, política e consciencia cidadá por Xosé Manuel  Malheiro Gutiérrez ás 19:00h

Venres 6 de outubro

Proxección do documentario Siñor Afranio e mesa redonda con Víctor Coyote, Diego Clemenz, Mario Rodríguez e Xulio Carballo ás 19:00h

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones