Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño comeza a súa Programación de Primavera

Por primeira vez aglutina cultura, deporte, mocidade e voluntariado

Por primeira vez aglutina cultura, deporte, mocidade e voluntariado

Fecha: 14 de Marzo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Un programa de actividades transversal e integrador, no que se lle dá acollida a todas as citas de cultura, deporte e voluntariado, así como as dirixidas á mocidade. Así é a nova Programación de Primavera do Concello de Tomiño, que por primeira vez aglutina todas as actividades realizadas no municipio nun só programa para o vindeiro trimestre co obxectivo de "facilitar a difusión e traballar dun xeito planificado para conseguir que toda as actividades que levemos a cabo sexan un éxito", como asegura a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Precisamente coa intención de facer chegar a información de todo o que se realice en Tomiño ao longo dos vindeiros meses, o Concello editou unha axenda en papel que recolle as preto de 30 actividades que se levarán a cabo entre marzo, abril e maio. Esta axenda está a ser colocada en lugares de moito tránsito para difundir as actividades e facer chegar o programa a todos os veciños e veciñas da vila, pero tamén pode consultarse directamente na web do concello (http://tomino.gal/axenda-primavera-2018/ ).

A programación arrancou a pasada semana coa inauguración no Mercado de Tomiño da exposición ‘Lugares inesperados', unha mostra cerámica na que a artista Liliya Pobornikova explora as formas que xorden da imprevisibilidade orgánica, e coa obra de teatro ‘Té con Kant', de Teatro Inversa.

Por primeira vez marzo é o Mes da Muller
Dentro da axenda, estas dúas actividades forman parte da programación especial de marzo, que por primeira vez foi declarado polo concello tomiñés como Mes da Muller e no que todas as actividades teñen un claro protagonismo feminino, como por exemplo os dous cursos de pilates para avoas, nais e fillas, cun grande éxito de acollida.

A oferta en clave feminina continuará co obradoiro ‘Mulleres artistas por descubrir', que dende o 14 de marzo dará a a coñecer a grandes mulleres artistas que permanecen no anonimato e co mural feminista ‘Anónimas' que a artista Gemma Marqués está a crear no campo de fútbol de Goián, que pretende poñer en valor o labor e esforzo diario familiar, laboral... das mulleres.

Ao abeiro deste Mes da Muller, marzo acollerá ademais outras tres obras de teatro no que as mulleres son as claras protagonistas. O público infantil poderá desfrutar con ‘Rosa Caramelo e outras historias', de Talía Teatro, o 18 de marzo na Casa da Cultura (18.00 h), e con ‘A maleta da avoa', de Raquel Queizás, o 25 de marzo no Mercado de Tomiño (18.00 h), mentres que para o público adulto representarase ‘Matrioskas', de Charlatana, o vindeiro 24 de marzo no Mercado de Tomiño (18.00 h).

Unha trintena de actividades
O mes de marzo completarase ademais con tres cursos dirixidos á mocidade, de Francés Básico, de Radio e de Poesía e Rap. Para abril hai outras sete actividades programadas. Xunto con un curso de repostería creativa, neste mes terá lugar tamén a Gala do Deporte (14 de abril, no auditorio de Goián), na que se premiarán ás e aos deportistas tomiñeses máis destacados neste último ano, e o Desafío Terras de Turonio, unha proba de BTT de longa distancia que terá lugar o 22 de abril.

O 9 de abril chegará a Tomiño unha nova edición de Reptigalia, con exposicións, obradoiros e conferencias sobre insectos, réptiles, anfibios e artrópodos, e se representarán outras tres obras de teatro: ‘A nena que quería navegar', de Redrum Teatro (1 de abril), dirixida a público infantil; ‘Na butaca', de ButacaZero, para público adulto (7 de abril); e ‘Sen remite', de Jean Philippe Kikolas, circo, teatro e humor para toda a familia (29 de abril).

En maio as Letras Galegas terán importante protagonismo, con actividades lúdicas e educativas pola vila o propio día 17, con obradoiros e Feira do Libro na praza do Seixo, música e o espectáculo ‘Bicos de papel', de Talía Teatro, na Casa da Cultura. Será tamén o mes do curso de xaponés e de tai-chi chuan, dun obradoiro de canto ‘Cantares do Brueiro' e con tres concertos: ‘A gramola gominola', de Kandengue Arts o 5 de maio para público infantil; a actuación do coro galego Cantares de Brión, o 12 de maio no auditorio de Goián; e o concerto de ‘De outra margem', o grupo musical formado por profesorado de primaria e secundaria que realizará unha actuación en colaboración ao alumnado e ex alumnado do IES Antón Alonso Ríos e membros da Agrupación Musical de Goián (19 de maio).

Maio será tamén o mes das Barferencias, unha iniciativa a través da que se leva as conferencias ao Mercado de Tomiño para falar cada sábado do mes de varias iniciativas emprendedoras relacionadas co rural: CdM Couso, innovación no agroalimentario, a minaría e os montes e o asociacionismo e a educación ambiental con A Jalleira.
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones