Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Tomiño comezará en xaneiro novas obras de saneamento en Vilachán e Arrotea

O concelleiro de Obras, Francisco Campo, mantivo esta semana unha reunión con veciños e veciñas para informarlles do proceso

O concelleiro de Obras, Francisco Campo, mantivo esta semana unha reunión con veciños e veciñas para informarlles do proceso

Fecha: 22 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

En total 40 vivendas dos barrios de Vilachán e Arrotea, así como outras tres de Estás, contarán en breve con acceso directo á rede de saneamento. O Concello de Tomiño ten previsto que a adxudicación das obras estea pechada antes de final de ano e que os traballos de ampliación da rede de saneamento nestas zonas comece a mediados do mes de xaneiro. Prevese que as obras estean rematadas en catro meses.

O concelleiro de Obras e Saneamento, Francisco Campos, mantivo esta semana unha reunión cos veciños e veciñas afectados para explicarlles en que consistirán as obras e como darse de alta, xa que todos aqueles cidadáns e cidadás que fagan a conexión no momento da construción do tramo de saneamento terán unha bonificación grazas ao convenio do Concello coa empresa concesionaria, que serve para unificar e abaratar custes aos tomiñeses e tomiñesas.

Os veciños e veciñas acolleron de bo grado as obras de ampliación do saneamento nesta zona e amosáronse moi participativos e "agradecidos por dar servizo nunha zona na que algúns cidadáns están tendo moitos problemas coas fosas sépticas particulares", como salienta o concelleiro.

Durante a reunión informativa, Campos tamén explicou aos presentes a normativa tanto autonómica como municipal que obriga a conectarse á rede de saneamento a todas aquelas vivendas que teñan un acceso a menos de 50 metros da súa propiedade. Para cumprir con esta normativa, o Concello de Tomiño xa puxo en marcha estes días unha campaña de envío de cartas para exhortar aos veciños e veciñas a conectarse á rede ou ben a acudir ás dependencias municipais para estudar a problemática asociada a cada caso en particular e que pode estar dificultando ou impedindo as conexións.

Estas obras forman parte da iniciativa do Concello de Tomiño para seguir ampliando o saneamento no municipio, cunha rede que pasou de cubrir a tan só o 20% das vivendas en 2007 a dar servizo ao 70% das propiedades tomiñesas este ano. Para logralo, o goberno municipal investiu uns 6,5 millóns de euros na ampliación da rede de saneamento e segue a traballar para levar o acceso a todas as vivendas do concello.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí