Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño comparte a súa experiencia no V Congreso Cidades Amigas da Infancia de UNICEF

Sofía Areal, ex-alumna do IES Antón Alonso Ríos, participou para relatar a súa vivencia ao fronte do Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño

Sofía Areal, ex-alumna do IES Antón Alonso Ríos, participou para relatar a súa vivencia ao fronte do Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño

Fecha: 28 de Noviembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O "V Congreso Ciudades Amigas de la Infancia: la
opinión de la infancia cuenta", organizado por UNICEF en Madrid, contou coa presenza de Tomiño, representado pola alcaldesa Sandra González, a concelleira de Mocidade e Participación Infantil, Fátima Rodríguez e Sofía Areal, ex-alumna do IES Antón Alonso Ríos que estivo ao fronte do Consello da Infancia e Adolescencia "Voces Novas" de Tomiño.

O congreso, celebrado os días 25 e 26 de novembro no Caixaforum de Madrid, foi inaugurado pola Ministra de Sanidade, Consumo y Bienestar Social, María Luisa Carcedo Roces, xunto co presidente do Comité Español de UNICEF, Gustavo Suárez Pertierra.

A representación tomiñesa asistiu a diferentes obradoiros e mesas de traballo. Sofía Areal participou, ademais, no "Diálogo con representantes dos consellos de participación infantil y adolescente y César Muñoz (Consultor Internacional de Infancia, Juventud y Participación Ciudadana-Democracia Participativa)". A moza tomiñesa salientou a necesidade de que as persoas que toman as decisións que afectan á infancia e á adolescencia, consulten a estes sectores de poboación antes de tomalas. Puxo coma exemplo o feito de que os/as poñentes do propio congreso sexan persoas adultas, "cando somos nos quen mellor coñecemos o que nos pasa e o que necesitamos cambiar".

Con unha audiencia de preto de 400 persoas, o V Congreso Ciudades Amigas de
la Infancia, tivo coma temática central o dereito á participación contemplada na Convención dos Dereitos do Neno (CDN), xunto coa non discriminación.
A alcaldesa de Tomiño sinalou tras o congreso, a importancia de achegar a xestión pública ao nenos e nenas, mozos e mozas, creando así mecanismos máis eficaces e inclusivos de participación.

Para o peche do Congreso, os máis de 50 alcaldes e alcaldesas asistentes, asinaron a "Declaración de Colonia de Alcaldes y Alcaldesas" firmada en la Primera Cumbre
Internacional de Ciudades Amigas de la Infancia que tivo lugar na cidade alemá o mes pasado, co fin de renovar o compromiso coa Convención sobre os Dereitos do Neno, no marco de seu 30 aniversario.

No mes da , o Concello de Tomiño desenvolveu varios actos coma a celebración do pleno infantil, o pasado mércores; o remate da colocación de 700 pictogramas nos centros educativos, e a participación neste Congreso de Cidades Amigas da Infancia; galardón outorgado a Tomiño por parte de UNICEF o pasado ano, e que supón que o Goberno Local mantén o seu compromiso de que a infancia sexa un dos eixos centrais das políticas públicas municipais.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones