Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO COMPLETA O SANEAMENTO DOS BARRIOS PRÓXIMOS AO NÚCLEO URBANO CUN INVESTIMENTO DE 850.000 EUROS

Despois de dúas lexislaturas, a porcentaxe de vivendas con saneamento rolda o 60%, cifra que triplica a conseguida por gobernos anteriores (21%).

Despois de dúas lexislaturas, a porcentaxe de vivendas con saneamento rolda o 60%, cifra que triplica a conseguida por gobernos anteriores (21%).

Fecha: 09 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño leva adiante nestes meses obras de saneamento dos barrios O Rexidouro, Camiño Novo, O Val, Pazos Lameira e Mosteiro, cun investimento total de 857.018 euros, procedentes de fondos propios e plans da Deputación Provincial.
A intervención nestes barrios do núcleo urbano do Seixo, estase levando a cabo en cinco fases, que se completarán pasado o verán, dando servizo a 166 vivendas da zona.
Estas novas accións veñen a sumarse as que se están a facer en Carregal de Abaixo, cun investimento de 200.000 euros, e ás realizadas no barrio da Rocha recentemente. Está pendente ademais, a adquisición dun tractor especial, valorado en máis de 56.000 euros, para adicalo ao baleirado de foxas sépticas.

Deste xeito, segundo indica o concelleiro de Vías e Obras, Fran Campo Lago, vaise completando a rede municipal de saneamento de Tomiño, co esforzo que significa dotar desta infraestrutura a un municipio que se caracteriza pola súa grande extensión (106 km. cadrados) e dispersión (15 parroquias, cun total de 13.860 habitantes).
Campo Lago afirma que as prioridades deste goberno no tema de saneamento foron dúas: dotar de alcantarillado ás poboacións próximas ao casco urbano, coma a do barrio da Rocha, e zonas que non necesiten bombeo.

Neste sentido, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, lamenta a decisión do Goberno Autonómico do PP, de paralizar as obras do Treito 3 do Colector Xeral (con proxecto, permisos e dotación económica da Xunta do Bipartito), privando do servizo de saneamento a varias da parroquias máis populosas do concello, como é o caso de Amorín, Carregal e Currás, que concentran perto de 3.000 habitantes.

Salienta a rexedora que despois de oito anos de goberno, a porcentaxe de vivendas con saneamento rolda xa o 60%, cifra que case triplica a porcentaxe realizada por gobernos anteriores (21%).
Asemade, o investimento en obras de saneamento, nas últimas dúas lexislaturas e no que vai desta terceira, achégase aos 6 millóns de euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones