Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño compra unha finca do Bispado en Goián para crear un parque que una o auditorio co centro da vila

O investimento permitirá gozar dunha zona verde de lecer e descanso, ao alumnado da Escola de Música e aos usuarios do pavillón polideportivo e campo do fútbol

O investimento permitirá gozar dunha zona verde de lecer e descanso, ao alumnado da Escola de Música e aos usuarios do pavillón polideportivo e campo do fútbol

Fecha: 16 de Junio de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de adquirir ao Bispado de Tui-Vigo, unha parte da finca da antiga Reitoral, que permitirá facer realidade unha vella aspiración do goberno local.

Trátase dunha carballeira duns 7.000 (sete mil) metros cadrados, situada entre a actual Escola de Música e a igrexa parroquial. Logo dun tempo de negociación, acadouse un acordo por importe de 50.000 euros, xa incluídos nos orzamentos deste ano.

A división da actual carballeira fíxose tendo en conta a orografía do terreo, deixando unha parte para a Reitoral. Para o acondicionamento e peche da futura zona verde destinaranse 200.000 euros procedentes do Plan Concellos da Deputación.

O acondicionamento da carballeira coma gran parque no centro urbano de Goián, é unha das actuacións previstas na "Modificación Nº 8 do PXOM relativa á configuración de espazos públicos e usos no núcleo urbano de Goián", cuxa aprobación provisional vai a pleno esta tarde.

A obra permitirá a comunicación peonil entre a zona dos equipamentos (auditorio, escola de música, pavillón de deportes e Campo de Fútbol O Regatiño) e o centro do pobo. Ademais, o futuro parque servirá de zona verde de lecer e descanso para a veciñanza, especialmente, para os usuarios da Escola de Música, que o terían xusto ao lado do edificio onde se imparten as clases.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, manifestou a súa satisfacción polo acordo acadado co Bispado, e agradeceu a vontade deste e do párroco de Goián, para contribuír a que este espazo verde tan céntrico, poida ser disfrutado por todos os veciños e veciñas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones